Leva consigo un reloxo que funciona coa luz e alumea de noite, carga e
anda coa luz do sol, coa natural, coa luz do dÃa. Un reloxo que indica os
cambios de hora segundo a segundo e, cando faga falta, pasa das dúas ás tres de
súpeto, en menos dun suspiro e aà se queda ata o novo cambio horario, de tres a
dúas, cando xa ninguén lembra se é para atrasar unha hora ou para adiantala.
Isto do cambio horario provoca controversia, mentres algúns teóricos e
estudosos din que é imprescindible, outros falan dun abuso innecesario. Ao parecer, é todo por mor da luz, por ter
máis horas de luz natural e aforrar na luz artificial, na eléctrica. Enorme é a
importancia da luz, tan grande como o seu poderÃo.
Estamos en tempos de certa escuridade e serÃa bo que os polÃticos e
`mandaricas´ de toda caste se dotaran de luces suficientes. Potentes luces que
irradiaran intelixencia ao entorno para que todo fose luminoso, transparente e
brillante. A luz é imprescindible para ver o que temos diante dos ollos e
derredor de nós. É como un ben que aporta claridade, sen máis, a unha
velocidade duns trescentos mil quilómetros por segundo. Son ondas
electromagnéticas que andan polo baleiro e que tardan uns oito minutos en
chegar do Sol á Terra.
A luz da lanterna está máis cerca, cerquiña, como a da candela, a do
bicho da luz, a da claraboia ou da
fiestra do norte pegada á lámpada do alumeado público. Cerca está tamén a luz
daquel dÃa ou a luz da mirada frÃa que atravesa a materia e rompe o espello para
quedar no ámbito da penumbra, como “o pardo rubor da agonÃaâ€, en verso de
Miguel Hernández. Da luz e da poesÃa da gusto falar e coñecer. Para os
interesados, permÃtanme que recomende a tese de doutoramento de Ginés Torres
Salinas La luz de la poesÃa española del
siglo XVI, defendida na Universidade de Granada en 2013.
Os tempos de aparente claridade tórnanse escuros, como se tanta luz os
cegara, como se ninguén quixera mirar para o futuro. Apagóns sucesivos nos
fogares, nas fábricas, nas rúas, nas granxas e na memoria, nos laboratorios,
nas aulas, no transporte e na sanidade publica e privada. Solo queda viva e
acendida a luz da esperanza. Aqueles que deberÃan render contas diante da
sociedade, van a galope arrimándose ao sol que máis quenta.
Artigo publicado en:
El Progreso (28/03/17) Dirio de Pontevedra (28/03/17) La Región (29/03/17) El Correo Gallego (29/03/17) Artigos publicados anteriormente:
87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|