Aquel home de pelo branco e barba negra pon o seu ollo sempre no mellor. El, como todos, é consciente da dificultade de elixir nalgúns casos. Daquela, escolle o primeiro que mirou e sempre lle sae ben. Noraboa, compañeiro!, dicÃalle Gumersinda, unha moza da súa idade que nunca ata ese dÃa respondera á mirada, a veciña que traballaba ao seu carón naquela pequena fábrica do lugar máis visitado polas xentes do concello e polos forasteiros que se acercaban para comprar botóns de calidade, para tódolos ollais que fan as multinacionais do téxtil, que non son poucos.
Milleiros de ollais para infinidade de lapelas, de petrinas, de mangas largas. Para vestidos de mozas e mulleres, para os abrigos e gabardinas de ambos sexos, para as blusas, calzóns, camisetas, camisas e, incluso, ollais para os botóns das gorras ou para os petos, abran ou non abran. Neste último caso, poden ser ollais cegos, de pura aparencia, aÃnda que efectivamente á primeira mirada dean a sensación e a impresión de que son botoeiras verdadeiras. Cada ollal co seu botón, igual que as ovellas, cada unha coa súa parella. E os botóns, grandes e pequenos, todos cos seus furados.
Gumersinda dáballe voltas á cabeza para entender como aquel home podÃa vestir, con tanta elegancia, camisa e cazadora sen botóns, sen ningún botón e cerradiñas ámbalas dúas prendas. Se todos fixesen o mesmo a fabrica de botóns deberÃa de reconducir a súa capacidade produtiva. Por agora, parece que non hai problema. Tanto é asà que o goberno non ten previsto subvencionar neste ano aos fabricantes de botóns. “Se fai falta, cando se elaboren os orzamentos do vindeiro exercicio, mirámoloâ€, dixo o presidente. E, se o di o presidente, será certo? Por un ano, poida que si, mentres tanto, tranquilidade.
Aquel home, un deseñador de prestixio e renome, vén de encargar un estudo a un equipo de profesionais, especialistas en socioloxÃa da moda e psicoloxÃa da persuasión. Todos respectuosos coas cuestións de xénero e dispostos a asegurar a indiferenza diante da botoeira á dereita ou á esquerda nas prendas de vestir, de homes e mulleres. Os resultados serán un paso importante no camiño sen retorno cara o que máis dá!, rachando, se é preciso, cos costumes ancestrais.
Artigo publicado en:
El Progreso (11/04/17) Dirio de Pontevedra (11/04/17) La Región (12/04/17) El Correo Gallego (12/04/17) Artigos publicados anteriormente:
89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 88). Viridiana xemÃa (05/04/17) 87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|