Depende, como moitas outras cousas, a sequidade está ben e mal ao mesmo tempo. A da actualidade é perigosa, poida que moi perigosa para os bosques de Galicia, a pesar de tratarse dun dos territorios da PenÃnsula Ibérica onde máis chove. Din as estatÃsticas que a serra do Candán é o lugar de Galicia con maior Ãndice pluviométrico, superado no territorio do Estado español por Grazalema, na provincia de Cádiz. No ano pasado e no que vai deste, os expertos non dan creto, a sequidade é dominante. Mesmo en Santiago de Compostela, segundo datos aportados por José Ãngel Docobo, director do Observatorio Astronómico da Universidade, en 2016, superáronse tódolos rexistros de insolación dos últimos 25 anos. Como lugares máis secos, os estudosos apuntan a Porto Lumbreras, en Murcia, e á zona de Cabo de Gata, en AlmerÃa. A atención e estudo do clima, a vixilancia e o seu coñecemento cientÃfico deberán entenderse como cuestións prioritarias, para poder prever males maiores. Un destes, ou quizais o peor, é o producido polos incendios forestais, que ten a sequidade como escusa, aÃnda que chova. Mala, e con consecuencias aÃnda máis negativas, é a sequidade cando afecta ás ideas e impide o desenvolvemento de proxectos. A Axencia Estatal de MeteoroloxÃa e a Organización Meteorolóxica Mundial, fundada en 1947 e con cento oitenta e catro estados membros, teñen a obriga de dar resposta a algunhas cuestións ás que non se lles atopa explicación. Teñen a obriga de saber e contar cal é o grao de incidencia da climatoloxÃa nos incendios, con sequidade e sen ela. DeberÃan deixar saber que a clave está na educación e na prevención. Sequidade e desolación en solitario. Non hai con quen compartir a derrota. Os labregos de Galicia fóronse para América, para Europa e, despois, para o ceo. Para o ceo da memoria, para mirar dende alà a altura á que se pon o sol e a hora de cada dÃa á que se esconde a sombra dos castiñeiros do souto amado. Nas aldeas esborralláronse as casas e os casuchos, caeron os balados, desapareceron os prados e as leiras e xa non queda ninguén. Xa non hai quen revise o que deixa a brisa montesÃa. Morreu a esperanza. Logo, que é o que queda? Nada. Unicamente queda monte raso, breña para as lapas dos malvados incendiarios e pirómanos teimudos, que seguen ás súas anchas.
Artigo publicado en:
El Progreso (25/04/17) Dirio de Pontevedra (25/04/17) La Región (26/04/17) El Correo Gallego (26/04/17) Artigos publicados anteriormente:
91). Sequidade, ben e mal (26/04/17) 90). Liñas paralelas (19/04/17) 89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 88). Viridiana xemÃa (05/04/17) 87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|