Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Veñen con forza

Luís Celeiro

10/05/2017


Os novos veñen con forza e boa falta que lles fai. Teñen o paso atrancado, impedíndolles camiñar con éxito cara a un posto de traballo digno, máis ou menos seguro e cunha duración superior á dunhas horas, uns días ou algúns meses. Veñen con forza, con talante, con ganas de facer, con coñecementos, interese e afán emprendedor, pero atopan tapóns que lles impiden chegar ou que lles obrigan a recuar, a volver frustrados para onde partiron ou a coller un dos camiños que os leve  lonxe da terra, ao outro lado do mundo ou a  ningures. Algunhas veces dá a impresión de que estamos nun mundo sen posibilidades de arranxo e sen arelas de progreso.

Temos en Galicia, segundo datos oficiais, máis de duascentas mil persoas desempregadas e, pouco máis dun millón, traballando. A maior porcentaxe de paro engórdana os mozos e mozas, con estudos ou sen eles. Pavoroso! Dá medo pensalo, a pesar de que os políticos din que melloramos, que vamos polo bo camiño, pola senda acertada, coa esperanza posta no emprendemento, tan valorado, tan loado e cacareado polos executivos de última hora e polos de sempre. Si, será o emprendemento quen aparte de nós a ruína?

Os novos veñen con forza e revelaranse algún día contra o sistema, que lles pon unha etiqueta co letreiro de innovadores e que lles obriga a coller a maleta e o billete para ir buscar a vida a onde sexa. Precarios polo mundo, cunha palmada no carrelo, de oficina en oficina, de estación en estación, voando cara o esquecemento, esfumándose velozmente as súas posibilidades de servir á sociedade á que pertencen, coa compaña da terrible soidade. Van para o Reino Unido, para a Europa rica, para América, de mar a mar; para sufrir, loitar, batallar, emprender, traballar e pensar en volver, canto antes.

Os novos veñen con forza e vanse, como se foron os seus avós e moitos da súa familia, que aínda non puideron volver. Vanse na procura de pan e salario, para seren libres, pero como dicía Nelson Mandela, “non hai camiño fácil para a liberdade en ningún sitio”. Aquí, por suposto, tampouco. En pouco tempo xa non quedará quen a reclame, non quedarán mozos, nin mozas, nin vellos para coidar. Teremos un ermo grande, un baldío escarpado polas inxustizas e pola ignominia e a deshonra dos que ordenan.

Artigo publicado en:

El Progreso (09/04/17)

Dirio de Pontevedra (09/05/17)
La Región (10/05/17)
El Correo Gallego (10/05/17)

Artigos publicados anteriormente:

93). Veñen con forza (10/05/17)
92). Primarias, que máis dá?
(03/05/17)

91). Sequidade, ben e mal (26/04/17)

90). Liñas paralelas (19/04/17)
89). Cada ollal co seu botón (12/04/17)
88). Viridiana xemía (05/04/17)
87). A luz da esperanza (29/03/17)
86). Viva a memoria! (22/03/17)
85). Patacas para todos (15/03/17)
84). Son todos iguais? (08/03/17)
83). Cantoras das verdades (01/03/17)
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17)
80
). Esquecemento
(08/02/17)
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78
).
Menos de 7 anos (24/01/17)

77). A Academia (18/01/17)
76
).
Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

 

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu