Todos estaban orgullosos e non é para menos! Festexábase en Vigo un importante acontecemento, o 40 Aniversario dos Premios da Critica de Galicia. Alà estaban moitos dos protagonistas e tamén habÃa destacadas ausencias. Parabéns, abrazos sinceros, puñaladas trapeiras, miradas doces e atravesadas, risas, sorrisos, humor, literatura, poesÃa, audiovisual, arte e canto, de todo habÃa, xunto con moita xente e moitas autoridades. Era a conmemoración do nacemento, en 1978, dunha iniciativa loable, que foi e que seguirá sendo, “mentres o corpo aguanteâ€, un acicate para eclosión literaria, creativa e artÃstica no paÃs, nesta Galicia nosa, que moitos considérana e enténdena como un impaÃs.
O meu impaÃs e o seu, en convivencia co paÃs dos ananos de Celso Emilio Ferreiro, segue na ruta avanzando paseniño. Carlos Gardel di que veinte años no es nada e, como moi ben narrou algunha das persoas que falaron no acto de Vigo, como Carmela Silva, corenta son o dobre. Nada e moito, ao mesmo tempo, que febril a mirada, errante nas sombras. As sombras que acubillan o paso do tempo, dos anos, dos premios e dos premiados. Os de 1978 foron o poeta Alfonso Pexegueiro, Andrés Torres Queiruga, Isidro Parga Pondal, o Museo do Pobo Galego, A Roda, Milladoiro e Cantigas gallegas dos séculos XIX-XX. Os promotores daquela son os mesmos de hoxe, Bieito Ledo á cabeza e un grupo de amigos e voluntarios na loita constante pola defensa do patrimonio cultural de Galicia e dos galegos. Todo para orgullo de nós, dos de Ourense e de Lugo, da Coruña e de Pontevedra. Para orgullo dos galegos da diáspora e para o dos que veñen vivir á terra e encariñarse con ela, para querela e amala. Ao longo destes anos fixeron un traballo inxente e parecen dispostos a seguir nesa senda do galeguismo integrador, premiando a quen o merece e revalorizando a necesaria actividade cultural en tódolos seus ámbitos.
O do festexo, foi un dÃa magnÃfico, de lembranza, de acordanza, recordos e nostalxia. Corenta anos! Foi un acto no corazón de Vigo, convertida unha vez máis esta cidade, de costa arriba e costa abaixo, en motor de dinamización cultural, en espazo de reflexión e de comunicación da “Galicia cultaâ€, é dicir, da Galicia toda.
Artigo publicado en:
El Progreso (23/04/17) Dirio de Pontevedra (23/05/17) La Región (24/05/17) El Correo Gallego (24/05/17) Artigos publicados anteriormente:
95). Galicia Toda (24/05/17) 94). Cereixas para todos (17/05/17) 93). Veñen con forza (10/05/17) 92). Primarias, que máis dá? (03/05/17) 91). Sequidade, ben e mal (26/04/17) 90). Liñas paralelas (19/04/17) 89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 88). Viridiana xemÃa (05/04/17) 87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|