Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A patria dos humildes

Luís Celeiro

31/05/2017


Cando comezan a humedecerse algún dos moitos mistos dunha caixa, os outros van detrás. Humedécense todos e os primeiros comezan a podrecer. Cando un podrece, os outros van detrás, sen demora e sen remedio. É ben sabido por todos, o mal hai que cortalo de raíz. Cando se detecta que un misto está podre ou a punto de podrecer, cómpre retiralo inmediatamente da caixa e limpar, ata deixar limpiños aos que quedan, sanear o grupo e estender a vixilancia ás caixas da mesma época, ás que están ao seu lado, por arriba e por abaixo. Limpar, secar e facer labor de prevención.

Empeza pola humidade na cabeza dun misto e remata co almacén fedendo de forma insoportábel. Estaba tan estendida aquela humidade intensa que corrompía aos mistos todos, de tódalas caixas e de tódalas cores. Descompoñíaos, converténdoos en inservibles, en absolutamente inútiles e con mal cheiro, abafante. Se fose un, ou aínda que fose unha ducia, a solución era doada, erradicábanse e acabouse, traíanse outros novos.

Xuntáronse tódolos responsables da desfeita e, cando acadaron o acordo de mandar para a reserva, para a reciclaxe, aos mollados podres e meter nun caixón distinto aos limpos e sans, foron a unha sala anexa, á sala de fumadores para festexar o tratado e alí, o autor da proposta botou man da caixiña na que gardaba os seus mellores mistos, agarrou un deles para acender o puro, pero non puido, no intento rompeulle a variña, deixando un cheirume enorme e desagradábel. Todos quedaron pampos. Meu Deus!, exclamou con rabia aquel protagonista, segundos antes de marcharen, cabezas gachas, cada quen para cadansúa casa, para clarear os razoamentos e poñer as ideas a remollo. Dous labores necesarios e urxentes.

Eran mistos de color vermella, azul, maxenta, laranxa, morada, amarela ou negra, de tódalas cores do arco da vella. Eran todos diferentes e iguais, da mesma prosapia, de idéntica proxenitura. Foi como unha peste,  a dos mistos mixtos e, sen dicilo e sen querelo, da mesma casta. Os de boa madeira non entraban en discusión, estaban coa súa propia cor afastados, ao amparo e ao servizo dos que non teñen e non queren ningunha casta nin peste, independentemente de cal sexa a súa nación e a súa patria. A destes seguramente será a patria dos humildes, a que defendía a Tía Manuela.


Artigo publicado en:

El Progreso (30/04/17)

Dirio de Pontevedra (30/05/17)
La Región (31/05/17)
El Correo Gallego (31/05/17)

Artigos publicados anteriormente:

96). A patria dos humildes (31/05/17)
95). Galicia Toda (24/05/17)
94). Cereixas para todos
(17/05/17)

93). Veñen con forza (10/05/17)
92). Primarias, que máis dá?
(03/05/17)

91). Sequidade, ben e mal (26/04/17)

90). Liñas paralelas (19/04/17)

89). Cada ollal co seu botón (12/04/17)

88). Viridiana xemía (05/04/17)

87
).
A luz da esperanza (29/03/17)

86). Viva a memoria! (22/03/17)
85). Patacas para todos (15/03/17)
84). Son todos iguais? (08/03/17)
83). Cantoras das verdades (01/03/17)
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17)
80). Esquecemento (08/02/17)
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78). Menos de 7 anos (24/01/17)
77). A Academia (18/01/17)
76). Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu