Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Tarefa común

Luís Celeiro

14/06/2017


Un grupo de homes e mulleres de mediana idade foron de andaina polo Sur de Lugo, para andar e coñecer o que queda das ferrerías na zona, unha das importantes pola relevancia do sector metalúrxico, controlado polo mosteiro de Samos e á conta do que viviron moitas familias. A maior parte dos integrantes deste grupo eran ou foran docentes de ensino no universitario e falaban, naturalmente, do que coñecían e vivían ou viviran. Moi faladores todos eles, boa xente, alegres e interesados por coñecer, por saber e por aprender. Pódese e débese  aprender  sempre, segundo estes mestres discrepantes coa forma de ser e de proceder dos escolares de hoxe, “moito peores que na nosa época”. Daquela, segundo outra das participantes, xa non eramos como foran os anteriores. Cada vez, veñen peor.

Don Xenaro, docente con moitos anos de servizo, estaba entristecido e pensaba que non podería recuperarse do abraio. Estaba verdadeiramente doído polo comportamento de Manueliño, un estudante ao que lle mandou ler un texto do xornal, co que se daba conta dunha técnica especialmente innovadora para a industria conserveira. O diálogo foi esperpéntico: -Manueliño, por favor, le esta nova. O estudante quedou calado, mudo. Ao pasar uns minutos, e despois da insistencia do mestre, levantou a cabeza e, mirando para o chan, dixo: - non quero!, non me dá a gana!

Á escola vénse para aprender, dixo o profesor. -Pois aprenda vostede, pailaroco. E, sabe que lle digo: eu non vou aprender por moito que se empeñe o sistema, o puto sistema ou a nai que o pariu. -A ver se podemos, cando menos, manter a compostura, dixo aquel home desolado. -Podemos! Xa vés coa política á clase. Iso está totalmente prohibido, ben o sabe meu pai. -Non se enfade, profesor, dixo un dos mellores da clase, non se anoxe e fálenos algo do Quijote, que seica é moi divertido. -Pois, que veña quen saiba quen era Sancho Panza.

-Eu seino, mestre. Eran dous, un home gordo de grande barriga e outro, un enorme pailán, de Norte a Sur. –Ti mesmo, dinos cales son os puntos cardinais. -Moi fácil, mestre, son aqueles polos que pasa o rego do labrego que planta cardos. Aínda ben non rematara a explicación, outro alumno, solidario cos anteriores, diríxese ao profesor e dille: -hai que choiar, señorito! Temos que axudar a levantar o país. É tarefa común.

Artigo publicado en:

El Progreso (13/06/17)

Dirio de Pontevedra (13/06/17)
La Región (14/06/17)
El Correo Gallego (14/06/17)

Artigos publicados anteriormente:

98). Tarefa común (14/06/17)
97). Os costumes (07/06/17)
96). A patria dos humildes (31/05/17)
95). Galicia Toda
(24/05/17)

94). Cereixas para todos
(17/05/17)

93). Veñen con forza (10/05/17)
92). Primarias, que máis dá?
(03/05/17)

91). Sequidade, ben e mal (26/04/17)

90). Liñas paralelas (19/04/17)

89). Cada ollal co seu botón (12/04/17)

88). Viridiana xemía (05/04/17)

87
).
A luz da esperanza (29/03/17)

86). Viva a memoria! (22/03/17)
85). Patacas para todos (15/03/17)
84). Son todos iguais? (08/03/17)
83). Cantoras das verdades (01/03/17)
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17)
80). Esquecemento (08/02/17)
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78). Menos de 7 anos (24/01/17)
77). A Academia (18/01/17)
76). Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu