Nesta Galicia nosa hai un lugar na parroquia de ChavÃn, no concello de Viveiro, que se chama Os Tarabelos, igual que uns leiros de monte baixo de Santa MarÃa de Chandreixa, no concello ourensán de Parada de Sil. Se pasamos ao singular, co nome de Tarabelo hai outro lugar en Sada, leiras en Viveiro, en Betanzos, Oza dos RÃos e en San Tomé de Lourenzá; a casa de Tarabelo na Grova de Riotorto; un muiño en Trabada, outro en Abelleira de Muros e unha taberna, con barricas de carballo, na Coruña. Temos en Muras a Pena das Tarabelas e o Alto da Tarabela, en Riós. Tarabelos para pechar as portas con poxigo e sen el, como se fose unha tramela ou martabela, ou para darlle nome ao viño que fai Eladio RodrÃguez, viticultor e bodegueiro, primeiro, e tamén autor da "Gandarón ou o gran falo megalÃtico de Pena Corneira", que anda nestes anos á venda polas librerÃas do paÃs e que foi presentada en Santiago, en Ourense, en Vigo e en Madrid, cando menos. Xesús Alonso Montero e Xosé Ramón Pousa Estévez, os dous con raÃces en terras de viñedos do Ribeiro, xunto con Bieito Ledo, un dos promotores dos Premios da CrÃtica de Galicia, e outros destacados persoeiros da cultura, como Vicente Araguas, Antón Alonso ou Ramón Jiménez fixeron de presentadores da novela de Eladio, que -por certo- ten sabor a viño de gloria.
Tarabelo nas esquinas, nas tabernas, nas tertulias, na radio e na televisión. No Parlamento, nos concellos, no Congreso e no Senado, tarabelos e tarabelas tarabeleando, outeando o futuro que moitas veces pasa a destempo e deixa á xente na espera, como lle pasou a Xoán da Pementeira que se apartou para que o futuro pasara e non lle interrompera o soño noutro que presume máis venturoso, como se cada quen puidera escoller o seu.
Tarabelo e catavento ou, se gusta máis, veleta e, mellor aÃnda, viraventos para ir de camiño marcando o paso do aire e interpretando o zunir do vento que quere deixar constancia de que o pecho nestes tempos, por máis que sexa de madeira nobre, non pode atabasar nada. Pode, iso si, espantar aos paxaros os primeiros dÃas de funcionamento. Para ben de moitos, os outros tarabelos que abundan nos lugares públicos deberÃan ser revisados e, talvez, calados. Xa o dicÃa a TÃa Manuela, en boca pechada non entran moscas.
Artigo publicado en:
El Progreso (27/06/17) La Región (28/06/17) El Correo Gallego (28/06/17) Artigos publicados anteriormente:
100). Tarabelo (28/06/17) 99). Mestre de mestres (21/06/17) 98). Tarefa común (14/06/17) 97). Os costumes (07/06/17) 96). A patria dos humildes (31/05/17) 95). Galicia Toda (24/05/17) 94). Cereixas para todos (17/05/17) 93). Veñen con forza (10/05/17) 92). Primarias, que máis dá? (03/05/17) 91). Sequidade, ben e mal (26/04/17) 90). Liñas paralelas (19/04/17) 89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 88). Viridiana xemÃa (05/04/17) 87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|