Segundo o dicionario, pensar é examinar mentalmente algo con atención para formar un xuÃzo, formar ou mesturar ideas ou mesmamente xuÃzos na mente do pensante, procurando, coa axuda da imaxinación e da intelixencia, desenvolver ou crear algo, algunha cousa, por insignificante que sexa. Pensar é e non é, ao mesmo tempo. Non é o mesmo para todos; ten distintas acepcións que se van axustando en cada caso e que nos levan a entender, e incluso a comprender, como é menos frecuente do que serÃa conveniente. Pensar é un dos froitos da educación e da liberdade de pensamento, como moi ben indica Emilio Lledó, leva ás persoas cara a liberdade de expresión, á que todos teñen ou temos dereito.
Se os polÃticos pensaran antes de falar, outro galo cantarÃa, outra cousa serÃa e poderÃase restaurar a confianza. Xa non terÃan que pensar mal de si mesmos, tanto que fosen homes como que fosen mulleres, polÃticos profesionais ou achegados. Se os polÃticos pensaran, ou simplemente se escoitaran, serÃa posible atopar entendemento e detrás do entendemento virÃa o progreso que, por certo, se chega, obrigará a cambiar a forma de facelas cousas. Se chega ou cando chegue, nada poderá ser igual.
ImaxÃnanse vostedes, amigos lectores, aos 75 deputados do Parlamento de Galicia pensando xunto cos 135 do parlamento de Cataluña, os 75 deputados vascos e todos os outros das restante comunidades autónomas, incluÃdos os 109 do Parlamento de AndalucÃa. Non se pode imaxinar, pero, que bonito serÃa ver aos 350 deputados no Congreso pensando!, conxuntamente cos 266 representantes do pobo na Cámara Alta. Milleiros de persoas mergulladas nas súas reflexións, lembrando ao Pensador que creou Rodin.
Milleiros de ben pagados pensadores, moitos deles incorporados á acción como se fosen profesionais, con retribución salarial, cada un deles, nove ou dez veces superior á de calquera graduado universitario, xubilado ou traballador do gremio que vostede queira, deses que teñen que espremer o cerebro para extraer o zume do caldo de cada dÃa. O mundo vai ao revés e, como indicaba Mario Benedetti, para a clasificación das clases sociais cómpre ter en conta as horas ás que cadaquén se deita e se levanta da cama. Bos dÃas!
Artigo publicado en:
El Progreso (04/07/17) Diario de Pontevedra (04/07/17) La Región (05/07/17) El Correo Gallego (05/07/17) Artigos publicados anteriormente:
101). Pensar e traballar (05/07/17) 100). Tarabelo (28/06/17) 99). Mestre de mestres (21/06/17) 98). Tarefa común (14/06/17) 97). Os costumes (07/06/17) 96). A patria dos humildes (31/05/17) 95). Galicia Toda (24/05/17) 94). Cereixas para todos (17/05/17) 93). Veñen con forza (10/05/17) 92). Primarias, que máis dá? (03/05/17) 91). Sequidade, ben e mal (26/04/17) 90). Liñas paralelas (19/04/17) 89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 88). Viridiana xemÃa (05/04/17) 87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). FermÃn, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|