Primeiro, nada. Despois foi a Selectividade, as PAU, e agora, cando poucos se lembran do PREU e do COU, chámase ABAU. Enormes cambios de nome sen máis, procurando sempre darlles a razón a aqueles que queren volver ao principio, que interpretan que era o mellor, o desexado para darlle brÃo ao futuro e brillo ao presente. Chámase ABAU, pero a maiorÃa dos estudantes seguen entendendo que se trata da selectividade de sempre. Tamén o entenden asà os pais, os profesores, os examinadores, correctores das distintas materias e todas as persoas que saben que se trata da “avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidadeâ€.
Milleiros de mozos e mozas participan, cada ano, neste proceso selectivo que acaba case sempre con éxito e, naturalmente, o triunfo dos estudantes é o triunfo da sociedade. Na convocatoria deste ano en Galicia foron uns 10.500, algo menos das prazas que se ofertan para comezar estudos no Sistema Universitario Galego. Cando se cualifica e se verifica o traballo do estudantado, estase cualificando á sociedade enteira, integrada por individuos implicados, dunha ou doutra maneira, nos procesos educativo e formativo.
Milleiros de estudantes están agora nas portas da universidade, para comezar no vindeiro mes de setembro estudos de grao, e todos eles deben ser sabedores (seguro que o son) de que, como dicÃa Eric Hoffer, escritor e filósofo americano, “en tempos de cambio, as persoas que estean abertas á aprendizaxe serán donas do futuro, mentres aquelas que pensen que o saben todo estarán ben equipadas para un mundo que xa non existeâ€.
Vontade, forza e traballo para dominar tantas malditas siglas. AÃnda sabendo que o corenta por cento da ABAU é a nota do bacharelato, fora cal fose o centro de estudo, público ou de pago, cómpre un enorme esforzo para entender que cun dez non podes escoller carreira. A TÃa Manuela ben que lles dicÃa aos seu veciños: nenos, estudade, traballade con forza, tede vontade e firmeza que o futuro é difÃcil, incerto e, para quen o ignora, peor. Quen puidera darlle un consello a cada un destes principiantes na Universidade!, para recordar e valorar aquilo de Einstein, cando afirmaba que a vontade é a forza motriz máis grande das coñecidas.
|