Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Arte na ribeira

Luís Celeiro

19/07/2017

Un grupo de artistas galegos de nome, e algúns deles de renome, xuntáronse para facer unha exposición, AAN in ART, e contribuír co recadado polas vendas aos fondos da Fundación Artiaga, que se ocupa da protección e amparo dos animais que precisan asistencia. A Fundación e a iniciativa están promovidas polo profesor e artista Xosé Artiaga, un home de “emocións contidas”, profesor en Vilagarcía, natural de Mondoñedo e namorado da Ribeira Sacra. Alí, precisamente, ao carón do Miño e da ribeira, na casa de Xosé I. Figueroa Lorenzana, Xosé do Pacio, do Pazo de Sabadelle, están expostas as obras que integran a colectiva, dispostas para que o mundo as vexa falando e escoitando normalmente á natureza.

Xúntase aquí, arte, traballo, cultura e vida, solidariedade e miradas amorosas para os cadelos, para tantos cans que, se non hai quen os coide, morren rabiosos coa  fame e con tristura. Xosé Vizoso, Daniel Caxigueiro, Miguel Monasterio, Carmen Algara, Mar Barral, Ignacio Basallo, Manuel Bernal, Tono Carbajo, Luis Fega, Carlos De Gredos, Ana DMatos, Ana Gil, Xoán Guerreiro, Mauro Leivas, Carmen Llonín, Xoán Lomarti, Aurelio Lorenzo, Eva Monroy, Susana Pazo, Peña Romay, Juan Sierra, Paola Soriano, Enrique Tenreiro e Cristina Villegas son dos artistas que, xunto a Artiaga, unen as súas mans para facer arte e para que os dun lado e os do outro do Río constrúan pontes e pasen libremente por elas cara a onde vaian.

Pontes como raías de silencio e de aceiro inoxidable, que van tecendo paisaxes pola ampla Ribeira Sacra de Lugo e de Ourense, un espazo  natural nas ladeiras do Sil e do Miño, nos arredores dos embalses, en terras cultivadas polos romanos e polos paisanos traballadores, pertencentes ao grupo dos que fan cultura co esforzo, tecendo monumentalidade e arte, entrelazando mosteiros, espectacularidade, igrexas e costumes.

Para unha mirada a esta Ribeira, que queremos como Patrimonio Mundial Cultural e Natural, compren camiñadas polos seus andares, polos camiños e corredores, polas serras e polas ourelas dos regatos, polos costumes, polos soutos, prados e carballeiras. Manuel Garrido, se queren, axúdanos gustoso neste labor coa súa magnifica guía práctica, que non deixa palmo desta terra sen bicar. Noraboa, amigo!

Artigo publicado en:

El Progreso (18/07/17) 

Diario de Pontevedra (18/07/17)
 
La Región (19/07/17)
El Correo Gallego (19/07/17)

Artigos publicados anteriormente: 

103). Arte na ribeira (12/07/17)
102). 
Vontade e traballo (12/07/17)
101). Pensar e traballar (05/07/17)
100). Tarabelo 
(28/06/17)

99). Mestre de mestres (21/06/17) 
98). Tarefa común (14/06/17) 
97). Os costumes (07/06/17)
96). A patria dos humildes (31/05/17) 
95). Galicia Toda (24/05/17) 
94). Cereixas para todos (17/05/17) 
93). Veñen con forza (10/05/17)
92). Primarias, que máis dá? (03/05/17) 
91). Sequidade, ben e mal (26/04/17)

90). Liñas paralelas (19/04/17)

89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 

88). Viridiana xemía (05/04/17)

87
). 
A luz da esperanza (29/03/17)

86). Viva a memoria! (22/03/17) 
85). Patacas para todos (15/03/17)
84). Son todos iguais? (08/03/17) 
83). Cantoras das verdades (01/03/17) 
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17) 
80). Esquecemento (08/02/17) 
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78). Menos de 7 anos (24/01/17) 
77). A Academia (18/01/17) 
76). Vaia por Deus! (11/01/17) 
75). Venturoso 2017! (04/01/17) 

Anos 2016 e 2015