A mestra ou mestre que a cada quen lle tocou cando era neno, cando daba os primeiros pasos para a adquisición de coñecemento, cando aprendÃa as letras, os números e o manexo do lapis para escribir o pouco que terÃa que escribir ao longo dos seus anos, foi probablemente unha das persoas máis importantes coas que se puido atopar na vida. A mestra proporcionaba aos homes do futuro coñecemento, interese pola reflexión e o pensamento, afán de traballo e educación, a arma máis poderosa e consistente para cambiar o mundo, segundo Nelson Mandela. Para cambialo sempre que sexa necesario e, se é preciso, con revolución previa.
Pasadomañá, varias mestras galegas, de Pontevedra, da Coruña, algunhas de Ourense e a maiorÃa de Lugo, que comezaban a súa andaina profesional, nos anos sesenta e setenta, nas incomunicadas escolas unitarias da Lóuzara xabreira de Fiz Vergara Vilariño, no concello de Samos, preto, ao ladiño do Caurel dos tesos cumes de UxÃo Novoneyra, volverán á Ponte de Lóuzara para recibir dos veciños unha homenaxe de recoñecemento e agradecemento polo seu traballo, pola súa xenerosidade, pola súa profesionalidade e porque foron, como tódalas mestras, máis importantes do que pensaban.
Foron, tan mozas como eran, o motor do desenvolvemento, as pioneiras na innovación e na transmisión de coñecemento, tan necesario e tan útil en todo o paÃs e para tódalas xentes. A Galicia de mediados do século pasado era outra, nada ten que ver coa de hoxe, na que tamén se precisa compromiso, no ensino, na labranza, no eido da cultura, na industria, no emprego e no traballo, no sindicalismo e na polÃtica.
As mestras que comezaron o camiño seguen nel, dando razóns e argumentos, buscando alternativas e vÃas para que o cambio siga, xa que, como dicÃa Eduardo Galeano, "somos o que facemos para cambiar o que somos". Novas orientacións e novos rumbos son necesarios ou, dirÃa máis, imprescindibles. Cambio sobre cambio para seguir avanzando, para que os traballadores cualificados que temos atopen traballo no seu e na súa terra, para que as mestras avoas vexan aos netos seguir cordialmente a mesma liña que elas imaxinaban e debuxaban. En Lóuzara, farase un acto de xustiza, loando o inxente traballo das mestras do espertar. Noraboa!
|