Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Dor infinita

Luís Celeiro

23/08/2017


Dor infinita. Non se acordaba de nada, nin quen era, de onde era, de onde viña ou para onde ía. Tristeza e amargura de por vida, sen saber as razóns ou as causas e sen ter explicacións. A amiga e compañeira, periodista radiofónica coñecida e recoñecida dentro e fóra do seu ámbito profesional e xeográfico, acadou, nun abrir e pechar de ollos, un deterioro cognitivo que lle impide recoñecerse no espello no que sempre se miraba. Aquela moza guapa, aquela muller intelixente e con sentido común dabondo, traballadora, loitadora e brillante profesionalmente, vén de rompernos a alma cun só golpe, cun mazazo de conciencia na conciencia nosa.

A señora Pura da Pedreira, que se acorda do seu marido tal como era cando se namoraron de mozos, ten tódalas tardiñas unha traxedia enorme, sae da casa correndo para xunto da veciña e na procura do “noso Francisco”. Vístelo? Non o atopo e ten que vir correndo. Hai un vello, que non coñezo e que nunca vin, na cociña. Ese vello descoñecido ten unha vara na man e quere cear, quere que lle dea a el a cea de Francisco. Vaiche boa! Que fago?, por Deus!, non sei a que viña!

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), no mundo hai uns corenta e sete millóns de persoas que padecen demencia, e cada ano rexístranse cerca de dez millóns de novos casos, cun enorme impacto económico e social xeneralizado, físico e psicolóxico para quen a padece e as persoas da súa contorna, familias e, de modo moi especial, coidadores dos enfermos. A pesar de que a OMS recoñece a demencia como unha prioridade de saúde pública, o seu custe social anual anda polo 1,1% do PIB mundial.
 
A Tía Manuela tiña unha receita que non sanda, pero alivia, retarda as consecuencias do enorme problema, está baseada no sentido común e no respecto aos outros. Hai que facer investigación e prevención, pero cando unha persoa perde a memoria, hai que tratala, e coidala, agarimala, entendela e aloumiñala. E, se o pobo é quen esquece, tamén hai que procurar remedio para ese mal colectivo, porque “un pobo sen memoria está condenado a repetir os seus erros”. Malditas enfermidades estas do esquecemento, da perda do coñecemento, tanto que sexan individuais como colectivas. Vaia o demo con elas!

Artigo publicado en:

El Progreso (22/08/17) 

Diario de Pontevedra (
22/08/17) 
La Región (
23/08/17)
El Correo Gallego (
23/08/17)

Artigos publicados anteriormente: 

108). Dor infinita  (23/08/17)
107). Mestrasdo espertar  (16/08/17)
106). A medida do tempo  (09/08/17)
105). A serra, polas alturas (02/08/17)
104). A Luz da poesía
(26/07/17)
103). Arte na ribeira (12/07/17)
102). 
Vontade e traballo (12/07/17)
101). Pensar e traballar (05/07/17)
100). Tarabelo 
(28/06/17)

99). Mestre de mestres (21/06/17) 
98). Tarefa común (14/06/17) 
97). Os costumes (07/06/17)
96). A patria dos humildes (31/05/17) 
95). Galicia Toda (24/05/17) 
94). Cereixas para todos (17/05/17) 
93). Veñen con forza (10/05/17)
92). Primarias, que máis dá? (03/05/17) 
91). Sequidade, ben e mal (26/04/17)

90). Liñas paralelas (19/04/17)

89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 

88). Viridiana xemía (05/04/17)

87
). 
A luz da esperanza (29/03/17)

86). Viva a memoria! (22/03/17) 
85). Patacas para todos (15/03/17)
84). Son todos iguais? (08/03/17) 
83). Cantoras das verdades (01/03/17) 
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17) 
80). Esquecemento (08/02/17) 
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78). Menos de 7 anos (24/01/17) 
77). A Academia (18/01/17) 
76). Vaia por Deus! (11/01/17) 
75). Venturoso 2017! (04/01/17) 

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu