Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Co pregón do xornalista Luís Celeiro e unha homenaxe as mestras das unitarias louzariñas

Feira de Artesanía e Produtos Naturais na Ponte de Lóuzara (Samos)

18/08/2017


Os veciños de Lóuzara acompañaron ás súas mestras, con agradecemento e agrado.


A Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte de Lóuzara (Samos),  organizada pola asociación Fonte da Cova, en colaboración  Concello de Samos e a Deputación Provincial de Lugo, celebrou a súa decima edición o dezasete de agosto de 2017 e no transcurso da mesma rendeuse unha homenaxe as mestras e mestres que traballaron, nas décadas dos sesenta, setenta e oitenta, nas escolas unitarias da zona.

Lóuzara é un val con catro parroquias, Gundriz, San Cristovo, San Xoán e Santalla e a localidade da Ponte, da parroquia de San Xoán, foi durante a segunda metade do século pasado o centro comercial da contorna, con feira tódolos días dezasete. O pregoeiro desta edición foi o xornalista Luís Celeiro, quen agradezo a invitación, “xa que teño mitos vínculos con estas terras, de onde procede a metade da miña familia e moitas amizades”.

A presentadora do acto foi a veciña, Alba Álvarez Vergara, quen deu paso ao pregoeiro, ao alcalde de Samos, Julio Gallego e foi citadno unha a unha as emocionadas mestras presentes e ao único mestre, José Antonio Díaz Escolante. Como dixo a presentadora, eta foi unha edición moi especial, “queremos mostrarlles as que foron mestras das escolas desta zona aprecio e a gratitude”, coa entrega a cada unha dun diploma de agradecemento “polo seu traballo e bo facer como mestra  que foi desta zona, naqueles tempos e circunstancias tan difíciles, axudándonos a pensar, aprendéndonos a facelo e dándolle o valor debido ao coñecemento, ferramenta necesaria para labrar o futuro”.
  
As mestras participantes no acto foron: Marisa Aira Díaz, Conchita Casas Davila, José Antonio Díaz Escolante (o único home), Marujita Díaz López, Pascuala Dorado Fernández, Alicia Fernández Paredes, Paz Fernández Sánchez, Olga Fernández Vázquez, Carmen Iglesias Castro, Maribel López Armada, Teresa López Fernández, Emilia Marzabal Alvaredo, Pacita Sánchez Castaño, Lelucha Sanfiz Mera e Aurora Trebolle López.

O alcalde tamén agradeceu a presenza das mestras, “grazas por vir e, sobre todo, vai para vostedes o noso agradecemento polo traballo que fixeron cos nosos veciños naquelas épocas de incomunicación e tantas dificultades para a mobilidade e para o aceso á formación e a cultura”.

Ligazóns:

Texo do PREGÓN de Luís Celeiro

Artigo `Mestras do espertar"

Artesanía e gastronomía tradicional na feira de Lóuzara

Enseñanza en el rural gallego, un mundo de nostalgia

Homenajeados 16 maestros en la feria de artesanía de A Ponte de Lóuzara

A Ponte de Lóuzara recuperó por un día el esplendor de las ferias de antes






Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu