Onde vai o eñe? Perdeuse en internet e ninguén pode atopalo. Os polÃticos están expectantes, pero caladiños; os técnicos, investigadores, estudosos e usuarios dos idiomas que teñen esta letra incorporada ao seu abecedario andan preocupados e senten no seu maxÃn o maltrato ao idioma que queren, que saben e co que se expresan cada dÃa e en cada instante. O eñe no galego, e moito máis no español, non é só unha letra, é un sÃmbolo que ao desaparecer deixa mutilado aos propios idiomas e incluso ao nome desa España que quedarÃa en `Espana´ rota, sen Cataluña, que serÃa, en todo e para todos, Catalunya.
Sen eñe, os Pepiños, por importantes que se crean e/ou sexan, irÃan parar ás hortas de AlmerÃa. Por certo, hortas sen terra. Segundo un estudo do Instituto Cervantes, falan español uns seiscentos millóns de persoas, incluÃdos os falantes de dominio nativo, os de dominio limitado e os estudantes de español como lingua estranxeira. Unha morea de xente que merece respecto, que queren facer vida, cada dÃa, tamén pola mañá, mañá e pasadomañá, sen `manana´ ou `mannana´. As añas das nosas ovellas serÃan anas e anos, os años, igual aos anos de historia en español.
Os aragoneses e estremeños deixan de ser e calan. Pérdese o mes de xuño, A Coruña, Meaño, Cariño e Mañón. Paco Vázquez, a quen lle queda ben acaÃdo o diminutivo de Paquito, pasou todo o seu tempo de alcalde defendendo o ele e esqueceuse do eñe dos coruñeses e da cidade. Sen o eñe entre as letras, o abecedario é pouca cousa. O muiñeiro non pode moer, Caamaño, Muñoz e Acuña quedan sen apelido, ninguén poderÃa levantar o puño e os gobernantes non serÃan quen de poñer orde. Esta letra con son consoante, nasal e palatal é un sÃmbolo da escrita e da fala en varios idiomas.
O viño ten eñe como a castaña. Montaña e Valdepeñas tamén, igual que mariño e mariñeiro, como Niñodaguia ou o escultor Buciños e Fandiño, como a fariñenta fariña que coce Carmiña con lume de leña. Fariña da comprada ou do centeo segado con fouciño empuñado coas mans labregas dos da casa, incluÃdos os cuñados e cuñadas. O eñe soa ben e sen el non somos nada, non hai mañá e non queda ren, nin quen deseñe o sendeiro polos peldaños de acceso ás ourelas da campiña, polas beiras do Miño, dende Fonmiñá ata Tui, despois de Porriño.
|