Foi un dos puntais nos que se apoiou o nacionalismo galego ao longo dos últimos cincuenta anos, un polÃtico de raza, de corazón, de formación e de pensamento, convencido de que o mundo pode e debe ser outra cousa, igual que Galicia ten que ser outra cousa. Bautista Ãlvarez DomÃnguez, da parroquia de San Cibrao de Las, no Concello de San Amaro, morreu e deixa un baleiro grande, grande, grande… enorme. O dÃa do enterro, varios dos seus amigos, camaradas e dirixentes da UPG dicÃan con convicción que non era certo, que seguÃa vivo e que seguirÃa vivo para sempre. Paco RodrÃguez, Lois Diéguez, Néstor Rego, Pilar GarcÃa Negro e Ana Pontón choraban. Os outros e outras presentes naquel outeiro, ao carón do castro, do cadaleito e preto do cemiterio, tamén.
Da súa aldea natal, Loucia, foi para o Seminario de Ourense e despois para Madrid, onde desenvolveu unha intensa actividade cultural e polÃtica. Un revolucionario preso en varias ocasións polo réxime franquista, polos “inimigos do poboâ€, por defender, con sabedorÃa, valentÃa, bravura, coraxe e valor, as ideas nas que crÃa. Bautista era un home de valores, un home de ben, sempre do lado dos humildes, un irmán do pobo, que “debe ser quen mande e quen ordeneâ€.
Constitúe con outros amigos o grupo Brais Pinto e, despois, participa na fundación do Unión do Pobo Galego (UPG), o partido ao que dedicou o resto da súa vida. Polos anos setenta, andaba por Santiago de Compostela como o patriarca do saber, o mestre e o amigo que ensinaba aos novos a mirar para o futuro, pensando primeiro no colectivo, no futuro do paÃs, e sabendo que “se este é próspero, florecerá o de cadaquénâ€. Dende a praza de San Miguel ao bar Ferrol, na Fonte de Santo Antonio, e dende O Ferrol ata San Miguel, dúas voltas cada dÃa, en solitario.
Solitario toda a vida, un lÃder disposto e ao servizo dos outros sen aparentemente sufrir a soidade, sen triunfalismos e sen tristeza, a pesar do seu carácter melancólico; rebelde e inconformista nestes tempos, nos que apalpaba coas súas mans a inxustiza social e o desamor. Finou na residencia de Beariz, onde vivÃa coa súa irmá, a poucos quilómetros da casa, ao lado de San Amaro. Agora, cuberto de gloria, xa forma parte da memoria colectiva. Ata sempre, amigo!
101). Pensar e traballar (05/07/17)
Ano 2017. Primeiro semestre
Anos 2016 e 2015
|