Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Membros da Asociación Cultural `Lóstrego´ reuníronse en Airapadrón (Samos)

Nomearon a Milucho `Lóstrego de máis honra´, con diploma e escultura de Luís Loureira

17/09/2017


Un grupo de 31 persoas que, a finais dos anos 70 do século pasado, formaban parte da Asociación Cultural Galega en Madrid, Lóstrego, reuníronse o sábado, día 16 de setembro de 2017, en Airapadrón, no concello de Samos, para “xantar e falar do divino e do humano”, recuperando a conversa da reunión anterior, o 19 de xullo de 2014, no mesmo lugar e comprometéndose a seguila para o 2018”.

Neste ocasión fixéronlle unha distinción a un dos membros fundadores desta Asociación, Emilio López Pérez (Milucho), nomeándoo Lóstrego de máis honra, con diploma e unha escultura, Entrelúas de Luís Loureira. Na reunión participaron tamén algúns amigos dos de Lóstreo. A relacións de asistentes é a seguinte: Xosé Mª Blanco, Xosé Manuel Boán, Manolo Busto´Felix Castro García, Marta Callejas, Luís Celeiro Álvarez, María Goretti Fariña, Carlos Fernández Basalo, Moncho de Fidalgo, Marga Fontenla, Montse Fuciños, Antonio García Montero, Xoán Luís López Díaz, Xosé López García, Manolo López Martínez, Alicia López Rosón, Daniel López Vispo, Ramón Muñiz de las Cuevas, Mery Muñoz Cadavid, Xoán Piñeiro Cochón, Xan Rei, Xoán Ramos Rodríguez, Xesús Rodríguez, Elías Somoza, Pancho Torrente, Xurxo Valcárcel López, María Xesús Vázquez, Manolo Vázquez Teijeiro e Pablo Viz Otero.


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu