Era calvo dende rapaz e ao nacer xa tiña pouco pelo. Calvo total sen un pelo de tolo, non coma os burros, que non hai ningún sen el. Probablemente por iso as súas orellas grandes vÃanse moito máis e máis grandes parecÃan. A verdade é que as orellas de soplillo deste home eran prominentes, enchÃa o cuarto no que durmÃa, impedÃan abrir as contras das fiestras e quen se deitaba con el, naquela cama de un noventa, tiña que reducir os movementos e extremar os coidados. SabÃa perfectamente por experiencia que non por iso escoitaba mellor.
Aquel home calvo estaba triste e cohibÃase diante de tanta xente que o miraba. VolvÃa a vista cara a atrás igual que os cornos das vacas calvelas, pero, aÃnda asÃ, non vÃa nada de proveito con aquela mirada frÃa e insegura. Xuntouse con outros sen pelo e acordaron poñer as cabezas ao dispor dos publicistas, para que gravaran nelas contundentes mensaxes curtas que Ãa transportar con orgullo polos lugares escollidos e pactados.
A cabeza sen pelo parece un soporte publicitario sorprendente e fenomenal para levar un eslogan a modo de reclamo en toda ela ou varios, un por cada lado, na fronte con suor, no cocote, couquizo ou coroa. Varios amigos deste home tosquiaban unha coroa e nela tatuaban un `SI´, outros coa navalla de afeitar facÃan espazo para o letreiro na parte dianteira da cabeza, entre as tempas, arriba mesmo da testa. Os portadores do “NON†levábano ás agachadas gravado no peto e no peito.
O refraneiro e o dito popular, neste caso, acerta: “en cen anos todos calvos†e a bo seguro que nós tamén. Daquela perderemos os pelos cos que cada quen cubre a cabeza, uns 250 de media por centÃmetro cadrado. Pero, para entender a calvicie parece conveniente recorrer á ciencia e, neste mesmo ano, fixéronse públicos, en PLOS Genetics, os resultados dun traballo realizado no Centro de Medicina Xenética e Experimental da Universidade de Edimburgo, que identificou a máis de duascentas rexións xenéticas vinculadas coa alopecia.
A investigación conclúe indicando que moitas das causas da perdida do cabelo proveñen do cromosoma X, que os homes herdan das súas nais. Xa ven!, as herdanzas moitas veces traen desgustos.
101). Pensar e traballar (05/07/17)
Ano 2017. Primeiro semestre
Anos 2016 e 2015
|