Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Desintegración

Luís Celeiro

25/10/2017


Anda o demo na casa. Ese gas radón que vén de abaixo, fíltrase e infiltra as paredes do edificio e os tecidos dos corpos das persoas para radialos, enfermalos e, seguramente, matalos. Os entendidos na materia non dan creto, andan apurados na procura de solucións efectivas, pero o gas incoloro e inodoro vai incesante marcando o seu paso, deixando pegada na saúde da humanidade, asustando aos mozos e vellos, preocupando ás vellas e ás mozas que viven sobre terreos graníticos expostas, como eles, moitas veces sen sabelo, a radiacións máis grandes do que sería normal ou xustificable.
 
A Universidade de Santiago de Compostela ten especialistas neste campo. Conta con laboratorios e persoal altamente cualificado para a detección dos niveis de concentración de radón, e para aportar solucións e indicacións técnicas, no caso de que estes niveis sexan máis altos do recomendo. E, canto é o recomendado? Non hai acordo sobre esta resposta. A Organización Mundial da Saúde di unha cousa e os distintos ministerios do ramo din outra ou outras diferentes. Iso si, hai concordancia e todos utilizan, para medir a actividade radioactiva, a mesma unidade de medida, o Becquerel (Bq), que vén sendo unha  desintegración por segundo.

Un segundo non é nada, queridos amigos, menos dun sopro, pero unha desintegración é outra cousa. A desintegración nuclear é a transformación dun núcleo atómico, que se presenta xeralmente acompañada pola emisión de fotóns ou outras partículas. Os expertos explícano correctamente, pero os outros non somos quen de entendelo. Como se vai entender que a casa dos avós estea agora, despois de tantos anos e a pesar da lonxevidade dos antepasados, ameazada de insalubre con radiacións polas esquinas de tódolos cuartos?
 
A Unión Europea establece normas de seguridade para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións por gas radón, pero a quen lle corresponde o desenvolvemento e o cumprimento destas normas? A responsabilidade está diluída, como en tantas circunstancias e situacións. Uns procurarán facer caso de ditas indicacións, outros non crerán nelas. En definitiva, as importantes decisións de saúde pública quedan ao libre albedrío. Tristeza, sen consolo!

Artigo publicado en:

El Progreso (24/10/17)
Diario de Pontevedra (
24/10/17) 
La Región (
25/10/17)
El Correo Gallego (
25/10/17)

Artigos publicados anteriormente: 

11t). Desintegración (25/10/17)
116).
Veñen coa desavinza (18/10/17) 

115). Rumor e mentira (11/10/17)
114). Herdanza da calvicie (04/10/17)
113).
En branco (27/09/17)

112). Bautista de San Amaro (20/09/17)
111). Seguimos no Camiño (13/09/17)
110). Cadaquén, no seu camiño (06/09/17)
109). O eñe soa ben  
(30/08/17)
108). Dor infinita  (23/08/17)
107). Mestrasdo espertar  (16/08/17)
106). A medida do tempo  (09/08/17)
105). A serra, polas alturas (02/08/17)
104). A Luz da poesía
(26/07/17)
103). Arte na ribeira (12/07/17)
102). 
Vontade e traballo (12/07/17)
101). Pensar e traballar (05/07/17)

Ano 2017. Primeiro semestre

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu