Na horta do cura non hai cereixas nin cirolas nin ameixas. Non hai peras nin mazás, nin marmelos nin conchos, nin arbores froiteiras como habÃa. Non hai horta plantada, nin verzas que medren nin cenorias, nin leitugas nin repolos. Na casa do cura quedan as catro paredes co teito roto, silvas e silveiras estendidas pola metade do leiro. Pola outra parte, toxos floridos e xestas amargas convertidas en pasto para os lumes malditos. Por non haber, prezados lectores, na parroquia tampouco hai cura e “nin falta que faiâ€, din os do barrio da Igrexa e os da cima do lugar.
Os curas xa non teñen horta nin casa, nin ama, nin sobriña, nin irmá que mire por eles. Non teñen salario, non teñen fregreses nin veciños próximos ou afastados. Por non ter, non teñen a onde nin con quen ir comer o polbo. Como cambiaron os tempos, meu santo! Agora, cada cura ten sete ou nove parroquias, e moitos están obrigados a dar a bendición, a confesar e a administrar penitencias por whatsapp. O móbil é un utensilio imprescindible, ferramenta necesaria para exercer con garantÃas o oficio, para que a maiorÃa da parroquia poda participar no culto, nesa homenaxe relixiosa ás divindades.
A tecnoloxÃa moderna sérvelles aos representantes da Igrexa para suplir a carencia de efectivos, para agrandar a parroquia e chegar a onde antes Ãan a cabalo. Os curas novos están que rabian de contentos con youtube, con facebook e con estas aplicacións que tanto servizo lles prestan. Comunicación como sempre, pero con ferramentas anovadas e cun sancristán informático. Unha misa ben gravada, con todas as súas partes perfectamente diferenciadas, coa Gran PregarÃa EucarÃstica de acción de grazas, con fieis e oficiantes rodados no campo dixital, móvese nos adentros de cadaquén e moldea a conciencia colectiva. Asà é, whatsappeando. - Prezada Eduviges, na vindeira semana, de penitencia, tes que rezar o `Noso Pai´ tres veces cada dÃa, ao erguerte, despois de xantar e pola noite, mesmo antes de deitarse na cama. -Señor cura, eu sei aquel de perdoar as débedas. Agora, non é asÃ, crego amigo?. - Eduviges, reza o que saibas e, por favor, perdóalles a todos. - Aos que me deben cartos, tamén llelos perdoo? -Os cartos, que os paguen! Despois, perdóaslles a tardanza e a ofensa. Vaia por Deus!
101). Pensar e traballar (05/07/17)
Ano 2017. Primeiro semestre
Anos 2016 e 2015
|