Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Quen dá a clase?

Luís Celeiro

13/12/2017


Moitos ven ao sistema educativo como unha trapallada, unha chambonada impropia dun país moderno, capaz e con eficiencia nos servizos públicos. Ninguén esquece a importancia das matemáticas, da música, da filosofía e das linguas, da literatura, a xeografía e a historia, e parece conveniente non descoidar aquelas materias que nos din o que somos e de onde vimos, nin aqueloutras que axudan a comprender o mundo como un todo, no que se integra o universo enteiro e, xa que logo, a humanidade e a terra. 

Pero, ao parecer, requírense tamén plans de calidade, nos que deben traballar, e traballan, comisións específicas, comités de expertos, xerentes, directores de calidade e/ou funcionarios de alto nivel e salario. Cómpren avaliadores, propios e externos, que desenvolvan o seu labor en comisións e en solitario,  e son necesarios procesos de formación de expertos en calidade e avaliación, con cursos de longa duración ben preparados, pagados e adaptados. Estes procesos, impulsados por organizacións creadas a tal efecto, requiren ser avaliados, primeiro, para acadar a acreditación e, despois, para mantela.

A calidade non abonda. As institucións que se encargan do ensino deben ter operativos plans de igualdade, de convivencia e inclusión, dotados de medios específicos, materiais e humanos. Parece moito, pero non é. Plans de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, “participativos e inclusivos, para que se impliquen tódalas mulleres e todos os homes que participen no sistema formativo e que teñan vontade de loita pola igualdade”, e plans que axuden a superar “as relacións estruturais de xénero existentes na sociedade”. Aí está, tal cal. Trátase de “familiarizar a todo o profesorado cos fundamentos normativos, tanto en termos de lexislación como de protocolos e orientacións”.

Os funcionarios teñen que atender igualmente aos procesos sindicais e prestar atención aos plans de seguridade e hixiene no traballo, aos de orientación e inserción laboral, ao protocolo de urxencias sanitarias e aos programas de mobilidade dos integrantes do sistema. Pois, para resolver todo isto, hai que elaborar, debater e compartir un plan estratéxico. Se un se para a pensar, faise a mesma pregunta que formula a Tía Manuela: quen dá a clase? 

El Correo Gallego (13/12/17)

Artigos publicados anteriormente: 

124). Quen dá a clase? (13/12/17)
123). Arrimar o ombro
(06/12/17)
122). Non caledes nunca (29/11/17)
121). Seguimos! (23/11/17)
120). Vaia por Deus! (15/11/17)
119). Malvados (08/11/17)
118).
Adiante (01/11/17)

117). Desintegración (25/10/17)
116).
Veñen coa desavinza (18/10/17) 

115). Rumor e mentira (11/10/17)
114). Herdanza da calvicie (04/10/17)
113).
En branco (27/09/17)

112). Bautista de San Amaro (20/09/17)
111). Seguimos no Camiño (13/09/17)
110). Cadaquén, no seu camiño (06/09/17)
109). O eñe soa ben  
(30/08/17)
108). Dor infinita  (23/08/17)
107). Mestrasdo espertar  (16/08/17)
106). A medida do tempo  (09/08/17)
105). A serra, polas alturas (02/08/17)
104). A Luz da poesía
(26/07/17)
103). Arte na ribeira (12/07/17)
102). 
Vontade e traballo (12/07/17)
101). Pensar e traballar (05/07/17)

Ano 2017. Primeiro semestre

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu