Aquela muller de pelo loiro que cruza o semáforo leva ao can cunha camiseta de raias, un chaleco de punto, medias de seda, nas patas dianteiras, e de la de ovella ou de carneiro, nas traseiras. O cadelo vai cun colgante no rabo gacho e con arandelas de cores brillantes nas orellas longas, facendo xogo cos aros que penduran das da muller á que acompaña. Fáltanlle os zapatos, que deberÃan ser de Gore-Tex para abrigar os pés e evitar arrefriados.
Probablemente para a cabeza fose suficiente un gorro das mesmas dimensións e caracterÃsticas que o da ama. Perdón, nada de ama! “O canciño, este cachorriño que levo ao meu carón, é un membro máis da familiaâ€. Ao parecer só lle falta falar, pero “ladra bonito e entende todoâ€. AÃnda non pode votar, pero xa chegará o momento no que para ser alcalde haxa que contar coa vontade de cans e cadelas. Non o queren na escola, pero ten as súas clases particulares, nas que xoga, corre, entretense, atende ao chamo e, á súa maneira, responde ao que lle preguntas. Dá saltos de alegrÃa cando chegas xunto del. Si, por certo, “é igualiño ca unha persoaâ€, un cadeliño singular, diferente, guapo e peludo, ladrador e amoroso.
Pobre señora!, pobre can e pobre cadela miña, “animaliño inxelâ€, no dicir do poeta Fiz Vergara Vilariño. Pobre besta do carpinteiro que empreñou do cabalo negro dos militares ao que non querÃa. Pobre de min, campesiño e labrador de terras baldeiras, dicÃa o pastor solitario, dono e señor da miseria enteira, sen medias, sen chaqueta e sen ter para abrigarse do frÃo xélido que vén do norte e da auga que vén de abaixo.
Pobres animais que van desamparados aos refuxios municipais, pobres homes que andan nas guerras e pobre xente que non ten para comer nin auga para beber. Pobre rata roedora, fraca e desdentada, que vive nas cloacas e non quere ser mascota de ninguén. Pobre rata de laboratorio que padece para que outros expliquen o que lle pasa. Pobre coello que non é quen de escorrentar o tiro mortal de calquera cazador.
A partir de agora, como ocorre noutros paÃses, os animais deixarán de ser cousas, para seren seres vivos con sensibilidade e capacidade para experimentar sensacións e sentimentos. E, os humanos? Como indica Jorge Riechmann, tócanos modificar a normativa e a relación ético-polÃtica co mundo natural. Pronto!
101). Pensar e traballar (05/07/17)
Ano 2017. Primeiro semestre
Anos 2016 e 2015
|