Nunha das rúas máis céntricas e concorridas da cidade, na pastelerÃa da esquina, preguntoulle á dependenta por un restaurante no que se comera ben. A moza con moita seguridade recomendou que fosen á casa do veciño, alà mesmo ao lado de onde estaban, onde comen famosos e famosas, polÃticos, futbolistas e artistas. -Ah!, para sobremesa pidan cañas. De primeiro o que queira, do que hai na carta e do que se poida facer. Todo en abundancia e de elaboración propia, adaptado ao seu padal, con gusto, regusto e sabor no mesmo ceo da boca.
Para empezar, verduras variadas e todas de folla ancha. Carne de animais encerrados, pouca e de peixe, comer sen taxa. Estamos na época de comer ben, incluso, como dixo Churchill, a miúdo hai quen ten que comer as súas propias palabras, como dieta perfectamente equilibrada. E, para sobremesa, queremos cañas. –Son caseiras e moi boas, señores, dixo o camareiro elegante, ben uniformado, ben lavado e peiteado con raia repuxada con tiraliñas.
Ao rematar o xantar, o camareiro volveu á mesa e, coa decisión que o caracteriza, pregunta, -que tal comeron? -Moi ben, grazas. Por favor, traÃa a conta. -De contado, señor. A partir de agora, vostedes son da casa. -Vou pagar con tarxeta. -Grazas, moitas grazas. Aquà ten a súa conta. -Pero, non hai un desconto par os do gremio? Enseguida fixo presenza na sala o dono do negocio e con grade profesionalidade ofertoulles `chupitos´ de varios licores. –Logo, vostedes son da hostalerÃa? -Non, non. Xa lle digo, somos atracadores.
Diante de tal contundencia, o hostaleiro deu media volta e seguiu adiante cara a cociña falando só, “ladrón será, pero aquà levouna boa, vai que rabia. Xa veredes como non volve pisar esta casa! Nin falta que fai!â€. Ao saÃr atopáronse de novo coa moza da pastelerÃa. -Que tal?, estaban ricas as cañas? –Marabillosas, moi saborosas. –Fainas aquà a miña sogra. Queren un quilo ou un par de quilos? -Levaremos dous e medio. Pois aà tivemos unhas palabras, vÃmonos na obriga de cantarlles as corenta e chamarlles ás cousas polo seu nome, tal cal, ao pan, pan e ao viño, viño. Coidado!, na casa do ladrón róubanche ata a respiración. Os do restaurante seica amasan cartos igual que fariña, pero, como di a TÃa Manuela, para ter riqueza cómpre ter traballo e facelo con honestidade.
|