O envoltorio non debe merecer máis que o contido que arrodea, aÃnda que sexa papel de envolver. Hai un dito popular ben certeiro, “o regalo da felicidade pertence aos que o sacan do envoltorioâ€, igual que os regalos de reis, de fin de ano, do nadal ou do dÃa de San Manuel. Son de quen os desempaqueta, de quen amontoa enormes cantidades de lixo cos regalos e, máis aÃnda, co envoltorio. Desafortunadamente, a metade deles son para tirar, para destruÃr, ensuciar ou, no mellor dos casos, para reciclar. A TÃa Manuela ben que insistÃa: “cando se regala alegrÃa, non se envolveâ€.
Envoltorios de mil cores, de mil formas desiguais, de materiais especiais, de calidades diversas, de prezo e de importancia diferentes, e a maiorÃa co mesmo fin, co propósito de agrandar o irracional consumismo, coa intención de tapar, de envolvelo todo, de facer medrar o devezo e a quimera nas amizades, na nai, no fillo ou nas irmás que cada quen tanto quere.
Envolve a propaganda, a comunicación e tamén a educación e a incultura. Noutros tempos, non. EnvolvÃa os chourizos o meu amigo cando Ãa á feira ou a un enterro, envolvÃa o fouciño coas pallas de centeo o campesiño, para ir polo camiño da sega sen ter medo a cortarse; envolvÃa unha codia de pan duro aquel home traballador que gardaba as ovellas no monte, pola mañá, pola tarde e de noite.
Os paisanos da Galicia interior envolvÃan todas as súas pertenzas, incluÃda a miseria, cunha verza ou cun par delas. O xurelo secado polo aire no cuarto que miraba ao norte e a sardiña ben curada envolvÃaa o mariñeiro para, despois, comer no mar. Pero, os que fabrican unicamente envoltorios, deberÃan ter moi presente o coñecido refrán daquela mona que viste de púrpura ou de seda. Nas datas especiais, é unha verdadeira loucura. A xente envolve sen pensar, incluso os regalos que non dá. Envólvense as ilusións, a esperanza, os desexos e as miradas. Todo, todo se envolve. Antes era con papel de estraza ou do xornal, mentres que agora faise con papel de luxo, con suntuosidade, con exuberancia e con nada dentro. Envolven os polÃticos o seu pensamento, aÃnda que non o teñan; os mestres empaquetan a lección, os exemplos, os exercicios, a discusión e a razón. Aà está, o importante parece o celofán do envoltorio.
|