Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Un día por ano

Luís Celeiro

14/03/2018

 
Mamá, todas as mulleres son iguais e iguais aos homes, a tódolos homes. Todos somos iguais en dereitos e en deberes, pero todos somos diferentes. Desiguais,  afortunadamente,  na forma de andar e de pensar, nas vocacións e nos gustos e no tipo e na cor do pelo, dos ollos e da cara. No falar, no mirar e no escoitar tamén somos diferentes. Iguais e desiguais tódalas persoas. Aí, na diversidade está a grande riqueza. Mamá, ti  es  a miña mai e como ti non hai ningunha. Ti, mai, recordáchesnos  moitas veces aquilo de Gabriel García Márquez de que “unha persoa só ten dereito a mirar a outro cara abaixo, cando ten que axudarlle a erguerse”.

García Márquez falaba dun home, no canto dunha persoa, pero nós sabemos ben ao que se refería. E, ben sabemos tamén que o home para ser libre ten que vivir nunha sociedade libre, con mulleres e homes libres, honrados, honestos e legais. Con homes e mulleres que sexan iguais, aínda que manteñan e reivindiquen  as súas diferenzas de xénero.  “Miña nai, miña naiciña, como a miña non hai ningunha”. Dicíao a Tía Manuela, cadaquén, sen distinción de raza nin de categoría, ten a súa e apréciaa, homenaxéaa e quérelle tódolos días de tódolos anos. Amén.

As Nacións Unidas determinaron que o oito de marzo de cada ano sexa o Día Internacional da Muller, un día de celebración e de loita para conseguir a igualdade de xénero, entre mulleres e homes. Para lograr os obxectivos, parece importante que haxa un período de reflexión e que se establezan fases de concienciación e de acción, con repercusión a nivel internacional e cun discurso favorable ás persoas máis necesitadas nos eidos laboral, da economía e da cultura.

Tódolos días do ano, repetimos. Todos, sen excepción, son indicados para reivindicar e esixir igualdade, xustiza, paz e o desenvolvemento social conveniente en tódolos ámbitos.  Mulleres e homes en ringleira, en riola mirando para o porvir, outeando o futuro e renegando do presente. Homes e mulleres con loucuras de amor, con prantos en silencio e con razóns abundantes para estar, cando menos,  ata as orellas por mor das desigualdades e das miserias. Ata as orellas, si señora! Aínda que oficialmente, por este ano, estea o labor feito, que ninguén se chame a enganos. Un día por ano. Si ou non? Veremos!

Artigo publicado en: 

Diario de Pontevedra (13/03/18)
El Progreso (13/03/18)
El Correo Gallego 
(14/03/18)
La Región (
14/03/18)

Artigos publicados anteriormente: 

137). Un día por ano (14/03/18)
136).
Será posible! (07/03/18)
135). Sabor a gloria (28/02/18)
134). A lección das formigas (21/02/18)
133). Marabilla
(14/02/18)
132). Igualdade
(07/02/18)
131). Diego Bernal (31/01/18)  
130). O envoltorio (24/01/18)
129). O 25 aniversario
(17/01/18)
128). Moi saborosas (10/01/18)
127). Cara bonita (03/01/18)


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu