A soidade xoga malas pasadas, é unha das epidemias da sociedade moderna, desta na que tanto se fala e tan pouco se escoita. É un mal desta sociedade aparvada pola sen razón, pola intolerancia contemporánea e polo pouco respecto ao que se di. Os expertos aseveran que se trata dunha das causas dos grandes problemas de saúde no mundo desenvolvido e tecnolóxico. Vaia o demo con el! Para atallar algún destes problemas, o goberno do Reino Unido creou o Ministerio da Soidade, un departamento gobernamental que enraizará seguramente noutros paÃses, nos que a soidade é a única compañÃa de moita da súa xente. Confiemos en que o ministro (ministra, no caso inglés) non sexa nomeado pola súa experiencia.
Nesta época de conexión permanente, total e absoluta, a soidade é unha verdadeira ameaza para a saúde, un cancro que medra desenfreadamente coa sensación e o medo a estar só, aÃnda que, no dicir popular, “é mellor estar só que con mala compañÃaâ€. Soidade enorme a de Modesto do Carpinteiro e a de MarÃa de Fidalgo, os dous nunha residencia de maiores ateigada de iguais. Todos igualmente sos, tristes e sen camiño, sen ter a quen contarllo, simplemente agardando polo que veña. Chegue ou non chegue!
Hai expertos que estudan a soidade, pero non acadan conclusións que permitan afastala de nós e desposuÃr á sociedade desa peste que medra cada dÃa e que a infesta, asà como invade os corazóns de nenos e vellos con neboeiros de bágoas inimigas, moitas delas arrancadas do sufrir pola inexistencia de convivencia. Maldita sexa!
Soidade a do corredor de fondo, que unicamente escoita os pasos dos que lle adiantan e non ten con quen falar. Milleiros de persoas en soidade, atrapadas pola inxustiza e a desesperación. Moitas delas inmigrantes, que van no metro fuxindo dos homes con uniforme na vestimenta, na cabeza e no peito.
Canta soidade, amigos! IncluÃda a do cronista cando, inmediatamente despois de rematar o artigo, ve da cor da tinta as chamas da lareira, ou cando coloca a pluma na man e a man, diante dun folio en branco. A TÃa Manuela quere que remate este artigo recordando a Bécquer, cando dicÃa “a soidade é máis fermosa cando temos a alguén a quen dicirlloâ€.
|