Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Riqueza e miseria

Luís Celeiro

04/04/2018


Pobre Manolo de Santa Eulalia de Bando e pobre Xan Sen Nada de Ponte Barcala! Andan os dous mirando como pasa o vento e gozando co seu zoar xordo e continuado, mañá, tarde e noite. De noite por ser noite e de día, por ser de día. Eran dos máis pobres do lugar e sentábanse para descansar, mentres os veciños traballan no leiro, no prado, na seitura ou na bouza cavando. Escoitaban a radio e tremían, bracuñábanlles os dentes, os de arriba e os de abaixo, ao decatarse de que no mundo segue a pobreza avanzando e destruíndo.

Milleiros de pobres sen o imprescindible para vivir con dignidade. No mundo, milleiros e milleiros  de pobres loitando sen forzas por algo que levar a boca dos seus fillos. Máis pobres que os citados, amigos de poucos bens, pero de corpo enteiro e alma enteira e chea de razón, de ledicia e de porvir. Todo está para eles na fase do porvir, por chegar, por ser e por querer. 

Segundo datos aportados polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, cerca de novecentos millóns de persoas viven en condicións de extrema pobreza no mundo, é dicir, aproximadamente o dez por cento da poboación mundial. Unha verdadeira burrada, un disparate total e base de cabreos permanentes, desagradables e alongados no tempo, no corazón, no maxín e no peito ardendo de cada quen.

Milleiros de persoas subsisten con menos dun euro e medio diario, están na pobreza absoluta. Sen medios, sen comida, sen auga e coas portas pechadas cara o futuro. Sen posibilidades de andar, sen capacidade para seren donos de nada, nin tan sequera para sentir no lombo as inxustizas ás que están sometidos, por obra e graza dos que mandan e queren seguir mandando, sen interrupción, sen escrúpulos e sen intencións de cambio, por bo e necesario que sexa.

Parece conveniente ou, mellor dito, é necesario que os estados, os políticos e gobernantes teñan unha perspectiva global deste mundo para que a distribución de bens, de medios, de traballo e de todo tipo de riqueza sexa realizada con criterios de equidade e de xustiza.  A Tía Manuela, sempre aproveita a ocasión e insiste en que o importante é facer ben o reparto, xa que, en contra da opinión dos neoliberais, “se medra a riqueza dos ricos, agrándase a miseria para os pobres”.


Artigo publicado en: 

Diario de Pontevedra (03/04/18)
El Progreso (03/04/18)
El Correo Gallego 
(04/04/18)
La Región (
04/04/18)

Artigos publicados anteriormente: 

140). Riqueza e miseria (04/04/18)
139).
Peste (28/03/18)
138). Soidade (21/03/18)
137). Un día por ano (14/03/18)
136). Será posible! (07/03/18)
135). Sabor a gloria (28/02/18)
134). A lección das formigas (21/02/18)
133). Marabilla
(14/02/18)
132). Igualdade
(07/02/18)
131). Diego Bernal (31/01/18)  
130). O envoltorio (24/01/18)
129). O 25 aniversario
(17/01/18)
128). Moi saborosas (10/01/18)
127). Cara bonita (03/01/18)


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu