Falar do tempo é verdadeiramente apaixonante, moi interesante e de grande proveito para aquelas persoas que mañá teñen que saÃr de viaxe, para os agricultores que teñen que traballar ao romper o dÃa, para todos os que dedican a súa xornada enteira ao transporte, para os deportistas, hostaleiros e guÃas de turismo, para os obreiros que andan nas alturas das estadas, para os paxaros que, como os estorniños e as andoriñas, van e veñen migrando en manadas; para as pombas mensaxeiras, para os mariñeiros do mar e para nós, cidadáns desta terra con alteracións climatolóxicas constantes, no verán e no inverno.
Agora, do tempo fala a ciencia, a meteoroloxÃa, quen se encarga da observación da atmosfera e quen traslada aos interesados os datos todos, “con certeza ou sen elaâ€. Os paisanos xa non precisan mirar para ó lonxe coa man de viseira arriba dos ollos, non necesitan botar man das lendas nin dos ditos populares. Abonda con atender ao que di o do tempo, despois de calquera telexornal. Se chove, chove!, amigos lectores, pero nunca o fai a gusto de todos e afortunadamente “nunca choveu que non escamparaâ€. E, amais, que fai aquel que mira a chuvia, se non chove?.
Cando veñen esas borrascas profundas e teñen impacto nos bens e nas persoas, os organismos oficias de control meteorolóxico de España, Francia e Portugal danlles nome, como o fixeron, a partir de 2015, en Irlanda e no Reino Unido. A sarabia chámase Sara, Emma ou Carme, Bruno ou Nuno, de tal forma que o malo procede dalgo familiar ou veciñal e, con tal nome tan acaÃdo, incÃtase á poboación para que estea máis atenta e para que sexa máis coidadosa e precavida. A Precaución é conveniente, pero non será suficiente para evitar que o furacán, ese temporal, o ciclón que se achega e a bravura das tormentas arrasen todo canto se ve.
Do tempo depende a riqueza e, xa que logo, a pobreza dos homes, dos pobos e dos territorios. A meteoroloxÃa advirte das caracterÃsticas dun determinado clima, estuda os fenómenos producidos nun tempo e nun espazo, guÃa a conduta dos navegantes e fai que a xente mire ao mal tempo con boa cara. A TÃa Manuela ben que o sabÃa e sempre dicÃa: “en Galicia, anuncien o que anuncien e predigan o que predigan, fai bo tempo aÃnda que chovaâ€.
|