Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Plástico a esgalla

Luís Celeiro

13/06/2018


A ONU designou o cinco de xuño como “Día Mundial do Medio Ambiente” para tratar de sensibilizar á poboación, ás autoridades, institucións e empresas sobre a necesidade de protexer e mellorar o medio humano. Cada ano este día céntrase nun tema e a conmemoración de 2018 dedicouse ao plástico, de tal forma que todos os ecoloxistas, todos os consumidores e todos os amantes do medio natural apostan por un “planeta sen contaminación por plásticos”, sen lixo e sen elementos que directamente destruían a vida dos vivos.

Os expertos están preocupados e incluso asustados. Cada día chegan aos mares e aos océanos unhas dezaoito mil toneladas de residuos de plástico, cun altísimo potencial contaminante e de diversos tipos, aínda que abundando o polietileno, o polyester, o polipropileno e o cloruro de polivinilo (PVC) das válvulas, tubos, fiestras e todo tipo de accesorios.  Pensar na cantidade de plástico que se emprega para fabricar envases, pon os pelos de punta e máis aínda ao ver que son envases dun só uso, dispostos para ir inmediatamente aos montóns de lixo que afogan o progreso.

En Galicia hai milleiros de toneladas de material plastificado para destruír. Hai plástico nas vaixelas das casas ricas e nas que fan de morada para os pobres, haino na cociña, no cuarto do medio e na sala de estar, nas portas de entrar e na entrada mesma do fogar. Hai plástico na neveira, na televisión, na mesa de comer, no sofá de sentarse, nos estantes para os libros e no armario que garda os obxectos prezados. Hai plástico no bolígrafo co que escribimos, na pluma que temos para presumir, no reloxo de pulseira e na cama de durmir.

Plástico na boca, nas palabras, nos soños e na palleta da gaita de tocar. A moreas, e ensuciando a belida Galicia rural, con milleiros de enormes sacas de cor branca ou negra, que gardan a herba verde e cheirenta, fedendo a silo e abafando seguido. Plástico en tódalas formas de vivir, na camisa de vestir, no calzado de andar e na salchicha de comer. Na bicicleta, na moto, no coche ou na aeronave que algúns teñen para pasear. De seguir así, “en 2050 o mundo terá 12.000 millóns de toneladas de lixo deste produto”.  Plástico a esgalla, tamén para envolver, para matar e morrer.

Artigo publicado en: 


Diario de Pontevedra (12/06/18)
El Progreso (12/06/18)
El Correo Gallego 
(13/06/18)
La Región (
13/06/18)

Artigos publicados anteriormente: 

150). Plástico a esgalla   (13/06/18)
149). Cambio e movemento  
(06/06/18)
148). A lagarta de Modesto   (30/05/18)
147). Amas de críar  (23/05/18)
146). Escoitar e aprender  (16/05/18)
145).
As portas, abertas (09/05/18)
144). Nada (02/05/18)
143).
Cantores do mar (25/04/18)  
142). A calar! (18/04/18)
141). Aínda que chova (18/04/18)
140). Riqueza e miseria (04/04/18)
139). Peste (28/03/18)
138). Soidade (21/03/18)
137). Un día por ano (14/03/18)
136). Será posible! (07/03/18)
135). Sabor a gloria (28/02/18)
134). A lección das formigas (21/02/18)
133). Marabilla (14/02/18)
132). Igualdade
(07/02/18)
131). Diego Bernal (31/01/18)  
130). O envoltorio (24/01/18)
129). O 25 aniversario (17/01/18)
128). Moi saborosas (10/01/18)


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu