Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Bo Camiño!

Luís Celeiro

20/06/2018


Parece que foi onte, pero estamos no vinte e cinco aniversario do Xacobeo 93, aquel enorme programa de promoción e dinamización económica e cultural de Galicia. Probablemente, o proxecto máis serio, produtivo, rendible e cooperativo de todos os que se puxeron en marcha nos últimos anos en Galicia e fóra dela. Aquel proxecto que arranca dunha idea (sinxela e brillante) de Victor Manuel Vázquez Portomeñe   e que contou coa aprobación unánime do Parlamento de Galicia e aportacións da sociedade galega enteira, de milleiros de asociacións, institucións gobernamentais e non gobernamentais e outras tantas personalidades mundiais de tódolos ámbitos do facer e do saber.

O Xacobeo-93 merece festexo neste vinte e cinco aniversario, cando estamos a poucos anos doutro que `pinta ben´, o Xacobeo-21, para o que xa se reforzou a estrutura organizativa, designando á ourensá Cecilia Pereira Marimón como comisaria. O Xacobeo é un evento permanente, un motor para o despegue de Galicia, unha riqueza para fomentar o intercambio de culturas, para acentuar os valores da tradición e da modernidade, da solidariedade, da amizade, da concordia e da pertenza.

As asociacións de Amigos do Camiño están en marcha e van, sen présa e sen demora, dando sinal de que algo acontece. O Premio Elías Valiña convocouse outra vez e, ao parecer, servirá de guía para expoñer o coñecemento acumulado e darlle forma á súa transferencia, entendendo que o coñecemento, como o Camiño de Santiago, é patrimonio de todos, Patrimonio Mundial. Así o declarou a UNESCO en 1993 e 2015. Na primeira das ocasións foi o Camiño Francés e, na segunda, foron as catro rutas ou camiños do norte, o da Costa, o Primitivo, o Camiño Lebaniego e aquel que vai polo interior, dende Euskadi ao Camiño Francés, por La Rioja.

Xa o dicía a Tía Manuela, cando se lle acordaba, Galicia é Camiño, está no Camiño e polas nosas terras, polos montes, bosques, leiras e prados, polos lugares pequeniños e moitos deles deshabitados, polas vilas que tampouco medran, polas cidades e polos descampados anda a xente tranquilamente peregrinando, cantando, bailando e mirando. O Camiño é vida, tránsito, esperanza e lembranza. Que o sexa por moito tempo! Prezados lectores, cara o futuro, bo camiño!


Artigo publicado en: 


Diario de Pontevedra (19/06/18)
El Progreso (19/06/18)
El Correo Gallego 
(20/06/18)
La Región (
20/06/18)

Artigos publicados anteriormente: 

151). Bo Camiño!   (20/06/18)
150). Plástico a esgalla   (13/06/18)
149). Cambio e movemento  
(06/06/18)
148). A lagarta de Modesto   (30/05/18)
147). Amas de críar  (23/05/18)
146). Escoitar e aprender  (16/05/18)
145).
As portas, abertas (09/05/18)
144). Nada (02/05/18)
143).
Cantores do mar (25/04/18)  
142). A calar! (18/04/18)
141). Aínda que chova (18/04/18)
140). Riqueza e miseria (04/04/18)
139). Peste (28/03/18)
138). Soidade (21/03/18)
137). Un día por ano (14/03/18)
136). Será posible! (07/03/18)
135). Sabor a gloria (28/02/18)
134). A lección das formigas (21/02/18)
133). Marabilla (14/02/18)
132). Igualdade
(07/02/18)
131). Diego Bernal (31/01/18)  
130). O envoltorio (24/01/18)
129). O 25 aniversario (17/01/18)
128). Moi saborosas (10/01/18)


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu