Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Asmático é esdrúxula

Luís Celeiro

25/06/2018


Era domingo e, a iso das nove da mañá, Gumersindo foi ao hospital para visitar a un amigo, acompañalo durante unhas horas e falarlle do que el quería, de como ían as cousas na política revolta, do substituto de Fernando Grande-Marlaska como vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, dos laios e compromisos de Alberto Núñez Feijóo, do negocio que xera o fútbol para os negociantes, dos cambios na cúpula directiva da Corporación de Radio e Televisión Española, do divino e do humano. Das Mareas de Villares, das da deputada Quinteiro, das de Martiño Noriega Sánchez, de Yolanda Díaz, ou das de Beiras Torrado, das de Santos ou das de Xulio Ferreiro.
 
Foi e faloulle do que quería escoitar, do PSOE  instalado no poder, dos de Cidadáns e Podemos, xunto cos do PP, na costa abaixo; dos nacionalistas de dereitas, renovadores, conservadores ou independentistas. Ía a xunto do amigo, como fora tódolos días da semana, e parou no quiosco, como outras veces parara. A dependenta vendía pilas para a radio, cargadores para o móbil, gafas de lectura, camisetas de varios tipos, camisas de algodón, chucherías, xornais e revistas. Vendía de todo e, coa súa voz tomada, falaba por teléfono e relatáballe ao interlocutor ou interlocutora as peripecias vividas na curta noite meiga de San Xoán, das cacharelas, das sardiñas asadas e dos chourizos con pan.

A muller estaba triste e transmitía amargura. Seguro que non tivera tempo  para lavar a cara coas milagreiras herbas e rosas maceradas na auga fresca. Seguro que non lera o libro que vendía, “La medicina todo locura” da xornalistas Elisabeth G. Iborra, que tanto fixo rir a tanta xente do sector sanitario e aos pacientes, para os que o humor é un grande remedio, un sedante que alivia as penurias da estadía no hospital, independentemente da impaciencia da vendedora do quiosco. A tía Manuela xa o dicía, “antes de ir ao hospital hai que aprender a rirse da desgraza”.

Gumersindo e o seu amigo leron e releron as anécdotas que narraba Iborra, recordando a Charles Chaplin, cando dicía que “a risa é un tónico, un desabafo, un respiro que permite aplacar a dor”. E, para que vostedes vexan a súa importancia, permítanme que remate co mesmo chiste co que se despediron os amigos, “doutora, son asmático, é grave?. Non amigo, é esdrúxula”. Que deus nos colla confesados!

Artigo publicado en: 


Diario de Pontevedra (26/06/18)
El Progreso (26/06/18)
El Correo Gallego 
(27/06/18)
La Región (
27/06/18)

Artigos publicados anteriormente: 

152). Asmático é esdrúxula  (27/06/18)
151). Bo Camiño!
(20/06/18)
150). Plástico a esgalla (13/06/18)
149). Cambio e movemento
(06/06/18)
148). A lagarta de Modesto   (30/05/18)
147). Amas de críar  (23/05/18)
146). Escoitar e aprender  (16/05/18)
145).
As portas, abertas (09/05/18)
144). Nada (02/05/18)
143).
Cantores do mar (25/04/18)  
142). A calar! (18/04/18)
141). Aínda que chova (18/04/18)
140). Riqueza e miseria (04/04/18)
139). Peste (28/03/18)
138). Soidade (21/03/18)
137). Un día por ano (14/03/18)
136). Será posible! (07/03/18)
135). Sabor a gloria (28/02/18)
134). A lección das formigas (21/02/18)
133). Marabilla (14/02/18)
132). Igualdade
(07/02/18)
131). Diego Bernal (31/01/18)  
130). O envoltorio (24/01/18)
129). O 25 aniversario (17/01/18)
128). Moi saborosas (10/01/18)


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu