A amiga foi como unha peregrina entusiasmada dende O Cebreiro ata Samos, con parada en Triacastela, entre o Ouribio e a Meda. Pasou polo Hospital da Condesa e polo Alto do Poio, bebeu na fonte de FonfrÃa e, polo Biduedo, baixou a Filloval e despois a Ramil. Enseguida chegou á vila e, tras unha pequena parada para ver os tres castelos representados na torre da igrexa de Santiago, seguiu por Pena Partida e parou en San Cristovo do Real. Foi a LusÃo para ver a Casa Grande, onde naceu en 1804 Vicente Vázquez Queipo, polÃtico, académico e destacado cientÃfico na súa época, autor das tan usadas “Tablas de logaritmos vulgaresâ€. A Samos chégase en nada, por xunto dos muÃños de Renche e por San Martiño, as pernas peregrinas andan soas. AlÃ, a monumentalidade é tan enorme que sorprende a propios e a estraños. O Convento é todo, é historia e arte, é pasado, foi riqueza, escola, taller cultural de culturas diversas, centro primeiro do cristianismo, antes que Santiago, grande e hoxe solitario e moribundo centro de poder que se veu a menos, a moito menos.
Como Peregrina tamén foi a amiga, polo Camiño Portugués, dende Valença do Minho ata Redondela nunha mesma e longa tirada. De Redondela a Pontevedra, paradas en Caldas e Padrón, e a Santiago de Compostela. Quedou encantada. Por onde ela camiñaba, andaban milleiros de estranxeiros gozando e peregrinando. Era xente da boa, con raÃces medrando en terra abonada coa cultura xacobea, co pensamento centrado na liberdade e coa ilusión posta nun mundo mellor, máis solidario, máis humano e máis limpo da broza contaminante.
Noutra ocasión fixo o Camiño Mozárabe, a VÃa da Prata que dende Sanabria sobe ao Padornelo e vai pola Gudiña, cruzando Campobecerros e baixando por Portocamba ata Laza. Parouse en Xunqueira de AmbÃa para vela Colexiata de Santa MarÃa e, decontado, seguiu camiño ata Ourense. Estes dÃas de verán anda polo Camiño de Inverno, vai seguindo as indicacións da magnÃfica guÃa de José Rúa Pérez. Este Camiño nace en Ponferrada e os seus arredores vÃsteno de gloria. Neste caso, os camiñantes tamén seguen as pegadas da historia. A amiga, despois de cumprir con esta ruta, como a maiorÃa dos peregrinos e romeiros, quere volver. Que asà sexa!
Artigo publicado en:
|