A historia marca principios, estuda feitos pertencentes a
outros tempos e proxecta as accións da sociedade e dos seus integrantes cara ao
futuro inmediato ou afastado. É unha disciplina na que cómpre mergullarse, unha
ciencia para saber o que fomos e, xa que logo, o que seremos nós, o pobo noso e
os outros. Recentemente a revista “Trabajos de Prehistoria†publicou un
traballo de investigación a través do que os seus autores, tres cientÃficos da Universidade
de Santiago de Compostela, Carlos RodrÃguez Rellán, Alia Vázquez MartÃnez e
Ramón Fábregas Valcarce, dan a coñecer a existencia de 3.374 estacións
rupestres en Galicia, unha mostra evidente de que temos un pasado que obriga
respecto.
Efectivamente, non son poucas nin moitas. Son as que de
momento se coñecen e suficientes para colocarnos ao par dos grandes centros da
arte rupestre do continente. Os petróglifos galegos están distribuÃdos por todo
o territorio, pero cunha maior densidade no cuadrante suroeste, e a súa análise
–segundo os investigadores- evidencia o dominio absoluto das figuras
xeométricas, fronte ás naturalistas, e a
existencia dunha grande heteroxeneidade na frecuencia relativa de motivos, “na
súa tendencia a comparecer ou non de modo conxunto nos mesmos paneis ou na
propia implantación das rochas gravadas na paisaxeâ€.
Este inventario e concienzudo estudo dos petróglifos,
elaborado coa axuda de sofisticadas ferramentas informáticas, dá un número de
estacións rupestres que pode ser, e seguramente será, superado a medida que se
incorporen outros achados en calquera punto xeográfico de calquera das catro
provincias de Galicia. Grazas aos investigadores sabemos que temos un pais
culturalmente rico e moi rico, precisamente, na expresión de sentimentos e de
vivencias que permanecen gravados en pedras e que relatan o que foi e o que
fixo a humanidade.
O mundo moderno, xa o dicÃa a TÃa Manuela, ten que
reflexionar sobre o pasado para avanzar sen tropezóns cara ao futuro. Para esta
reflexión parece conveniente estudar, entender e coñecer os sistemas para
comunicarse e manifestarse en cada tempo, por lonxe que se vexa a aqueles que
gravaban magnÃficos petróglifos, magnÃficas manifestacións rupestres que aÃnda
perduran e ensinan.
Artigo publicado en:
|