As vacacións, aÃnda que sexan longas, non son quen de erradicar o estrés e os seus efectos no desenrolo de trastornos psicolóxicos nas persoas que o padecen. Cando falamos de estrés, segundo o dicionario, estamos falando da “tensión provocada por situacións agobiantesâ€. Esta tensión agrándase nunha sociedade como a actual, na que as persoas están conectadas as vinte e catro horas de tódolos dÃas do ano, laborais, festivos, de festa, de voda, de parranda, de excursión e de traballo, incluÃdos sábados e domingos. Este elevado nivel de conexión permite (ou obriga) a que o traballo interfira directamente, e sen horas, na vida dos operarios traballadores.
Ao parecer, o oitenta e tres por cento dos usuarios de internet revisan o seu correo electrónico tódolos dÃas do seu perÃodo de vacacións, comodamente dende o móbil cada vez máis grande, máis caro, máis moderno e tecnicamente máis preparado para xerar preocupación e tensión constante nos individuos, independentemente da súa idade, da súa procedencia ou das súas crenzas. Non é de broma. Estudios diversos, algúns da Asociación Americana de PsicoloxÃa (APA), indican que o estrés no traballo orixÃnalle á industria americana unhas perdas de trescentos billóns de dólares cada ano, por mor do absentismo laboral que provoca, da redución da produtividade, da rotación dos traballadores nos distintos postos e outros aspectos diferentes, como os horarios indicados por facultativos médicos, ou o pagamento das pólizas de seguros.
E, as vacacións, que son para descansar, traen consigo problemas dabondo. A planificación, a concreción e a decisión. A onde imos? Onde paramos? Canto temos e que facemos? Todo isto, antes de saÃr da casa, converte as cabezas dos homes, das mulleres, dos rapaces e dos avós e avoas en caixas de loucura, que poida que rebenten na porta dun hospital calquera ou na entrada da taberna do barrio.
Colas para saÃr da autopista, nos aeroportos ou para entrar na cidade. Facer cola para comer e correr para pousar a toalla na praia ateigada de xentÃo. Cola para recoller as receitas do médico, para entrar onde queiras entrar, para case todo. Estrés permanente ou crónico, para os ricos e para os pobres, incluso para os que saben, como sabÃa a TÃa Manuela, que a verdadeira riqueza é ter saúde.
Artigo publicado en:
|