Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Convocado pola Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)

VI Premio Internacional de divulgación do Camiño de Santiago

Por ser no ano do seu vinte e cinco aniversario, esta Edición está dedicada ao Xacobeo 93

02/08/2018


A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), formada por profesionais da comunicación, escritores, historiadores e estudosos do Camiño de Santiago, convoca a Sexta edición do `Premio Internacional APECSA 2017´, de divulgación dos valores do Camiño de Santiago, ao que, nesta edición, poderán presentarse obras de divulgación e promoción xacobea -libros, publicacións, traducións, producións audiovisuais, series en calquera soporte, congresos, xornadas, encontros, etc.- Tamén poderán presentarse accións realizadas por institucións e persoas físicas ou xurídicas, en defensa e beneficio do Xacobeo e do Camiño de Santiago.

Esta edición está dedicada ao Xacobeo 93, tratando de realzar a súa importancia na promoción do Camiño de Santiago, no mantemento do mesmo e na difusión dos valores xacobeos, así como dos pobos e lugares polos que pasa o Camiño de Santiago.  O premio, igual que nas cinco edicións anteriores, non terá dotación económica e consistirá nunha escultura, Harmonía de Luís Loureira, e un diploma acreditativo.

O prazo de presentación de candidaturas para o Premio concluirá o día 10 de setembro de 2018 e deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), Rúa Castrón Douro, nº 20. 15703 Santiago de Compostela. Os interesados poden solicitar máis información a través do correo electrónico da Asociación convocante: periodistas.caminodesantiago@gmail.com  Os membros do Xurado, unha vez constituído e antes de comezar as deliberación, poderán presentar candidaturas. O acto de entrega do Premio realizarase no último trimestre deste ano.

O xurado estará formado por 5 persoas de recoñecida traxectoria. Dous membros corresponderán a APECSA e serán designados pola súa xunta directiva, e os tres restantes representarán ás asociacións ou colexios de xornalistas, ao mundo da hostalería e o comercio vinculados ao Camiño, e ás entidades xacobeas (asociacións, institucións, etc.).

Para ler as BASES, prema AQUÍ
 

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu