A tradución ao italiano do libro de LuÃs Celeiro, ElÃas Valiña, o valedor do Camiño, un ensaio sobre cura do Cebreiro editado en 2007 pola Xunta de Galicia, a través da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, forma parte dun proxecto educativo e didáctico dirixido pola profesora Titular de Lingua Española da Universidade de italiana de Cagliri, Daniela Zizi, e no que participan estudantes altamente cualificados do grao "Traduzione Specialistica dei Testi" que se imparte nesta Universidade sarda.
As primeiras edicións, en galego e castelán, de ElÃas Valiña, o valedor do Camiño son de outubro de 2007, cando se cumprÃan 20 anos da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural de Europa. Ao ano seguinte edÃtanse, tamén en galego e castelán, as segundas edicións deste libro biográfico sobre ElÃas Valiña Sampedro, quen foi, na segunda metade do século XX, o máis importante revitalizador do Camiño de Santiago e un dos grandes defensores e coidadores do patrimonio cultural ao longo do Camiño e, moi especialmente, na provincia de Lugo e en Galicia.
Nesta obra que agora, vinte e cinco anos despois do Xacobeo 93, está en proceso de tradución ao italiano, o autor analiza diferentes aspectos da vida e da actividade de quen foi cura do Cebreiro de 1959 a 1989 e, en dúas ocasións, premio de investigación do Centro Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC). Un doutor en dereito que dedicou a súa vida á loita polos cambios sociais que consideraba imprescindibles para erradicar as desigualdades entre os xéneros e entre os pobos.
LuÃs Celeiro con este libro agrandou e mostrou o valor do labor calado daqueles que dedicaron parte da súa vida á promoción, divulgación e defensa do patrimonio cultural en tódolos seus aspectos, especialmente do Camiño de Santiago, razón pola que mostra a súa gratitude á profesora Daniela Zizi, aos estudantes e responsables da Universidade de Cagliari, polo interese que mostraron polo libro e pola divulgación do Camiño de Santiago, asà como ao Xacobeo, por facilitar a realización do proxecto.
Referencias
Traducen al italiano el libro de LuÃs Celeiro sobre ElÃas Valiña y su papel en la ruta jacobea O libro sobre ElÃas Valiña, o cura revitalizador do Camiño, traducirase ao italiano
|