Dona Francisca Pérez Mayo, Sor Paquita, aquela moza e fermosa, locuaz e falangueira, despois de cincuenta anos no Mosteiro beneditino de Samos, sube ao palco da música no campo da festa para arengar á veciñanza e a todos os presentes na Feira de Produtos Artesanais, cun pregón magnÃfico, sonoro e de fondo calado, como se fose feito á man e á medida dos artesáns, paisanos e romeiros que non perdÃan ollo do acontecemento laico e relixioso ao mesmo tempo. A cuadratura do cÃrculo, pero a estampa belida desta monxa vestida de negro, e con toca branca e negra, era como un sÃmbolo perfecto de modestia, como o seu falar, o seu mirar e o seu andar.
Todos saben, sabemos, que en Samos está un dos grandes mosteiros de Galicia, e nese grandioso edificio repártese o espazo entre monxes e monxas. Eles son menos dunha ducia e elas son tres, números insignificantes e que van a menos, igual que nos outros mosteiros galegos, cada vez menos, menos vocacións, menos medios, menos propiedades, menos doazóns, menos canto e menos rezo.
En Oseira de Ourense, os monxes visten de branco, como os de Santa MarÃa de Sobrado. Pertencen á orde do CÃster dende 1141 e seguen coa mesma forma de vida, atados á mesma soidade e coa mesma enteireza na defensa dos valores que tiveron sempre. Os monxes “queren vivir a experiencia de Deusâ€, pero co paso do tempo as comunidades minguan e diminúen tamén as posibilidades de recuperación, de volver ser o que foron. O sacrificio que se lles supón esvaese, vaise e desaparece en cada instante.
Os mosteiros están integrados e forman parte do seu propio lugar. Ou, os lugares forman parte dos mosteiros que sobreviven aos tempos? Aqueles que veñen de atrás e que alongan a súa faciana cara ao sen fin, cara ao fin do universo ao que pertencen eles e as súas terras, a nosa terra e nós mesmos. En Pontevedra, ergue a testa coa crisma ergueita o dos mercedarios de Poio. Outro dos grandes de Galicia, irradiador de cultura, de arte e de saber. Un centro ou laboratorio para que os canteiros labren na pedra, escriban nela e fagan arte con parte do seu saber. Asà o fai Paquita, unha monxa galega de Zamora, coa súa vida ao servizo dos iguais, cociñando, traballando, escribindo, rezando e estudando; repartindo bondade, andando e falando.
|