Dezaoito mil nenos naceron en Galicia en 2017, un número amplamente inferior ao de persoas que morreron nese mesmo ano, e algúns menos dos que naceran no ano anterior. Estamos cun saldo vexetativo negativo ao longo dos últimos vinte e cinco anos. Estamos diante dun dos problemas maiores que amosa o bico nesta sociedade cambiante, que vai sen interrupción camiñando pola verea, cun paso adiante e outro atrás, igual que a Galicia que pintaba Xosé MarÃa DÃaz Castro en “Penélopeâ€, sabendo que “a tea dos teus sonos non se moveâ€.
As estatÃsticas son ilustrativas, tan ilustrativas como interesantes e, ás veces, deixan aos observadores perplexos. Nove mil matrimonios rexistráronse en Galicia en 2017, con homes e mulleres de máis idade que nos tempos da TÃa Manuela, moitos superaban os trinta e cinco anos. Se dez anos antes a maior parte dos matrimonios eran pola igrexa, agora máis do 75% son civÃs. Fóra destes hai que enumerar os do mesmo sexo. Un paso adiante ou un paso atrás, señor vicario?
Uns pensan que si, outros insisten no non, pero do que non hai dúbida é da heroicidade das nais, especialmente das que teñen que conciliar a maternidade coa actividade laboral na fábrica, na investigación, na labranza, na seguridade, ao volante do camión ou do taxi, en calquera das compañÃas aéreas ou en calquera dos xulgados ou dos hospitais universitarios ou comarcais. Con heroÃsmo sempre, as mulleres de antes e as de agora. Inseguridade, preocupación, intranquilidade e esforzo, moito esforzo diario durante o embarazo. E, despois? Depois, tamén.
Uns euros mensuais para os cueiros de celulosa, tanto para MarÃa como para Pedro; discursos contra da discriminación da muller, programas de axudas ás embarazadas e todo acaba en nada, como se fosen palabras vanas e ociosas para disimular a realidade, que a veces tanto manca e que tan ben coñece a propaganda polÃtica.
Todo é máis sinxelo e, incluso, máis caseiro. As nais (os pais), con moito traballo e pouco salario, para coidar aos seus fillos teñen que botar man da proximidade, da achega dos avós, aos que lles prace velo mundo a través dos ollos deses meniños, deses netos, que son os puntos de unión entre as xeracións. Onde está a polÃtica de fomento da natalidade?
Artigo publicado en:
161). Heroicidade (29/08/18) 160). Grazas, Manolito (22/08/18) 159). Sor Paquita, unha galega de Zamora (15/08/18)
|