O verán foise. Sempre é o mesmo, remata decontado aÃnda ben non empeza. Dura o que dura, o que sempre durou oficialmente, pero é pouco, para algúns, moi pouco. AproxÃmase o perÃodo de escuridade, de noite longa, tan longa como o dÃa de traballo ou como o dÃa sen pan. Mentres tanto, o tempo vai pasando sen demora, deixando os feitos para a memoria, para o recordo dos nostálxicos. Primeiro chega o outono decadente, vén co equinoccio, ese punto xusto no que o sol cruza o ecuador celeste da terra e alumea por igual no hemisferio norte e no sur. AÃnda non acaba o outono e xa se presenta o inverno coas súas particularidades nos distintos eidos, no laboral, na escola, no turismo, na montaña e no mar.
O outono vai ata decembro, vai polo castañal, pola caÃda da folla e a esfollada do millo, polos dÃas curtos que seguen empequenecendo. Como dicÃa aquel proverbio francés, “é o silencio antes do invernoâ€, é tempo de magosto, de reflexión e espera. Entrado o mes de decembro chega oficialmente o inverno que, no hemisferio norte, vai dende finais deste mes ata finais de marzo. É unha estación que, como dicÃa VÃctor Hugo, “transforma en pedra a auga do ceo e o corazón dos homesâ€.
Rematado o inverno, entre o inverno e o verán sitúase a estación das flores, aquel tempo que trae vida e colorido, ledicia e esperanza á cidadanÃa toda, como no poema de Antonio Machado, cando a primavera bicaba suavemente ao bosque e cando o verde novo brotaba como unha verde fumareda. Con cal nos quedamos? É difÃcil de escoller. Máis agora, neste tempo revolto é difÃcil diferenciar unha estación das outras. A mocidade non coñece aquelas claras diferenzas entre o outono e o inverno, entre a primavera e o verán ou entre calquera das estacións. O ano é como un perÃodo corrido de adversidades meteorolóxicas.
En tódolos anos, despois do verán, vén o outono e seguidamente o inverno, con noite e dÃa en alternancia seguida, independentemente da hora oficial que cadaquén queira poñerlle ao seu reloxo e sobre o que tanto se estuda e se fala, aÃnda sabendo que gusta máis escoitar as catro estacións de Vivaldi. Efectivamente, é máis pracenteira e tranquilizante a música que a tempestade, en calquera época do ano.
Artigo publicado en:
163). Vén o outono (12/09/18) 162). A profesión do amor (04/09/18) 161). Heroicidade (29/08/18) 160). Grazas, Manolito (22/08/18) 159). Sor Paquita, unha galega de Zamora (15/08/18)
|