Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Contradición permanente

Luís Celeiro

19/09/2018


Se conduces, non bebas nin fales por teléfono. Calquera destas dúas accións mata. Quen o diría?, quen pensaría que o progreso nas comunicacións era tan perigoso? Miles de persoas morren por mal uso do seu teléfono móbil, por convertelo nun instrumento de distracción, nunha perigosa ferramenta de incomunicación e de agresión mortal.  A cidadanía enganada busca tarifa plana para aforrar e falar cando lle vén en gana, para morrer en accidente, atropelado ou atropelando sen querer, sen saber, falando e sen escoitar.

Parece como se os faladores, os conversadores condutores fosen libremente na procura do accidente, como se beberan para conducir con máis soltura, para seren máis libres, máis independentes e tristemente máis valentes.  As estatísticas cantan e dan medo. Miles de persoas morren conducindo por mor do uso indebido do teléfono móbil, por mor dese maldito celular que vai toda a viaxe entretendo aos pasaxeiros, aos condutores e condutoras, aos meniños do sentadoiro traseiro e aos adultos fortes e robustos que seguen a ruta pola pantalla, que falan, entreteñen, rin e calan.

É obvio que o aparello celular é incompatible coa liberdade, como moi ben argumentaba X. Piñeiro, un amigo meu e de todos vostedes, prezados lectores. Un home da beiramar coa fortaleza dun carballo, ensaísta, narrador, pensador e poeta, que tamén observa que son igualmente incompatibles intelixencia e militar, deses militares de “ordeno e mando” ou administración e xustiza.

Para exercer un recio control sobre os movementos da cidadanía mundial, crearon a CIA, a Axencia Central de Intelixencia, como órgano asesor do presidente de Estados Unidos en temas de seguridade, onde precisamente a intelixencia pode brillar pola súa ausencia. Que máis dá?
 
Aí estamos, en contradición permanente, discutindo ou reflexionando sobre nós mesmos, sobre a xustiza, a razón e a administración. E, neste caso, a Tía Manuela lembra a Aristóteles, cando dicía que “as accións humanas teñen polo menos unha das seguintes causas: Natureza, compulsión, razón, paixón, hábito, azar e desexo”. 

Artigo publicado en:

El Progreso (18/09/18)
El Correo Gallego (19/09/18)
La Región
(19/09/18)

Artigos publicados anteriormente: 

164). Contradición permanente (19/09/18)  
163). Vén o outono
(12/09/18)
162). A profesión do amor
(04/09/18)
161). Heroicidade (29/08/18)
160). Grazas, Manolito (22/08/18)
159). Sor Paquita, unha galega de Zamora
(15/08/18)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu