Moita xente de distintos puntos de Galicia foi a Samos para falar e escoitar falar de MartÃn de Padrozelos, aquel trobador do século XII, que deixou dez cantigas para que agora, nestes tempos novos, poidamos estudar e entender mellor a realidade literaria e real da Idade Media. Moita xente era de Ourense, de Vigo e arredores, de Pontevedra e da Coruña; moitos eran de Lugo e outros viñeron de fóra, de Madrid e de Barcelona, de Asturias e de Portugal.
Acudiron á chamada cultural en réxime de autoconvocatoria e volveron marabillados da zona, daquela zona da Lóuzara xabreira de Fiz Vergara Vilariño, daquela zona do Alto da Pedra, ao carón dos tesos cumes do Courel, onde o ceo e a terra están frecuentemente abrazados pola néboa. “Eiquà sÃntese ben o pouco que é un homeâ€, escribÃa Novoneyra.
Foi un acto divulgativo, de investigación literaria, emotivo e comprometido. Todos atentos e pendentes dos versos medievais. Tan lonxe e tan cerca. Porque “É un orgullo para un pobo ter un trobador como esteâ€, dixo Jei Noguerol, ese cantautor prezado que, a pesar de tantos anos en Barcelona como profesor de Lingua e Literatura, mantén as raÃces afondadas na nosa terra e abonadas coa nosa cultura galega.
Mero Iglesias e Xosé Quintas Canella tamén están no labor e saben que, como dicÃa F. Nietzsche, “a vida sen música, serÃa un erroâ€. Por iso, coa súa xenerosidade e o seu saber, van musicar algunhas das cantigas de MartÃn de Padrozelos, deste trobador que, segundo o profesor e investigador Xulio Pardo de Neyra, era un louzariño co nome de MartÃn Pérez. Outra investigadora, a profesora Dulce Fernández Graña defende a calidade literaria das cantigas deste home e, co seu parlamento fundado e argumentado, encheu de emoción ao auditorio, igual que o fixo o mestre, amigo e poeta, Xoán Xosé Fernández Abella, co recitado de “Eu, louçanaâ€.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel RodrÃguez, e a vicerreitora de coordinación do Campus de Lugo da Universidade de Santiago, Montse Valcárcel, xunto co alcalde de Samos e as alcaldesas de Sarria, O Incio e Triacastela, foron destacadas partÃcipes nun evento cultural feito para que a mocidade fale e escoite falar dos méritos dos seus e para que as palabras, a música e a poesÃa rompan os parapetos e os antepeitos de calquera tempo.
Artigo publicado en:
166). Palabras e música (03/10/18) 165). O quinto sabor (26/09/18) 164). Contradición permanente (19/09/18) 163). Vén o outono (12/09/18) 162). A profesión do amor (04/09/18) 161). Heroicidade (29/08/18) 160). Grazas, Manolito (22/08/18) 159). Sor Paquita, unha galega de Zamora (15/08/18)
|