Se falamos de ciencia, parece que estamos falando de algo serio e transcendental, parece que estamos aludindo a algo capital, crucial para a vida da humanidade e mesmamente para vida individual de cada quen. DicÃao moi ben Isaac Asimov, “un sutil pensamento erróneo pode dar lugar a unha indagación frutÃfera que revela verdades de grande valorâ€. Efectivamente, o mesmo dicionario di que “ciencia é o conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificarâ€, que se pode contrastar e probar se é como debe de ser, se é ou non verdade. E, que é a verdade? Sen aplicar moita ciencia, poderÃamos entender que é xusto o contrario da falsidade. A ciencia, a través da discusión, da análise e o estudo, descubre a falsidade e pode darnos pistas sobre a verdade, desconfiando como dicÃa Marco Aurelio que “todo o que escoitamos é unha opinión, non un feito; e, todo o que vemos é unha perspectiva, non é a verdadeâ€.
A Unesco, en honra a Bernardo Houssay, Premio Nobel de Medicina en 1947, proclamou o dez de abril como DÃa da Ciencia e a TecnoloxÃa. Pola súa parte, a Real Academia Galega de Ciencias elixiu o dÃa 8 de outubro como DÃa da Ciencia en Galicia, en honor a Frei Feijoo. Neste ano, 2018, o homenaxeado foi o ilustre matemático e xeógrafo Domingo Fontán RodrÃguez. Os promotores desta iniciativa merecen parabéns de quen escribe e a bo seguro que tamén de vostedes.
Pero hai máis, o dez de novembro é o DÃa Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Temos o dÃa da Ciencia na rúa, o DÃa da Ciencia na escola, o DÃa da Ciencia en Galego, o DÃa Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Non está mal, podemos falar do DÃa da Ciencia en cada lugar e en cada casa, garantindo que mozas, mozos, homes e mulleres entendan que a Ciencia, en calquera das disciplinas, na fÃsica e na lingüÃstica, na farmacoloxÃa ou no dereito, é un motor que empuxa á sociedade e que lle axuda a avanzar pola ruta do progreso, a ciencia certa.
A TÃa Manuela contáballes aos novos: “Ciencia formal, natural, social, básica ou aplicada, é coñecemento e cartos para investigar, para pescudar no que hai, difundir o que se sabe e orientar o que veña. É saúde, é futuro e benestarâ€.
|