Algunhas das persoas lectoras deste xornal pensan (ou, mellor dito, pensaban) que o poder total estaba no mando para manexar a meteoroloxÃa, nas mans daqueles con capacidade para provocar, inducir ou corrixir fenómenos atmosféricos. Que chova naquela esquina, que caian raios e tronos daquel lado, que quente o sol na praia a onde van as xentes de ben e moi ben, e que se mollen e se encollan os máis humildes, os de sempre, os menos protexidos, os do asubÃo. Que traballen e calen os traballadores, obrigados a facer o que fan, para que outros anden ao sol que máis quenta e mentres moita xente aterece co frÃo na casa e polo camiño. Moita xente, amigos e amigas, permanece engruñada despois de interpretar as novas que lle contaron.
Os telexornais e os boletÃns de noticias das máis importantes televisións europeas dedican unha boa porción do seu espazo ao tempo, á climatoloxÃa e ás predicións meteorolóxicas. Andan removendo os puntos de destino daquela xente á que o mercado sitúa no grupo de enorme interese para os fabricantes de sandalias, pantalóns curtos, chocolates e ilusións. Chove por aquela banda, pola de Lestrobe, polo Norte e polo Sur; quenta o sol e queima pola banda de LaÃño, polo Norte e polo Sur. Quen o dirÃa? Poida que chova calquera dÃa, en calquera sitio, na casa e fóra dela, con forza ou amodiño, engorde e despaciño. Poida que chova como sempre choveu e venteou nos dÃas de temporal, nos invernos de tódolos anos.
AÃnda asÃ, quen puidera manexar o mando para distribuÃr, dende a cadeira do despacho ou dende o escano de xunto da cheminea, as porcións de auga que corresponden a cada lugar en cada momento. Esa persoa terÃa, seguramente, un enorme poder. Moi superior ao que posúen moitos dos mandatarios locais poderosos. ImaxÃnanse vostedes cal serÃa o proceder dese alcalde zafio que coñecen, se tivera capacidade para influÃr na atmosfera e mollar a deshora á veciñanza dos concellos limÃtrofes. Más vale non pensalo!
Pero o verdadeiro poder está na chave da luz. Primeiro dominou Fenosa e agora, quen manda? Segundo a TÃa Manuela, seguen mandando os de sempre, pero máis ca nunca. Cando lles pete apagarán a luz, o mundo quedará escuro e a xente, aÃnda máis amolegada.
Artigo publicado en:
169). Tempos de andar (24/10/18) 168). Silencio (17/10/18) 167). Ciencia e progreso (10/10/18)166). Palabras e música (03/10/18) 165). O quinto sabor (26/09/18) 164). Contradición permanente (19/09/18) 163). Vén o outono (12/09/18) 162). A profesión do amor (04/09/18) 161). Heroicidade (29/08/18) 160). Grazas, Manolito (22/08/18) 159). Sor Paquita, unha galega de Zamora (15/08/18) 158). Moncho, pensamento e corazón (08/08/18) 157). |