Moi bos dÃas, Ser de onde somos os de aquÃ, marca carácter, é unha grandeza que nos acompaña. Estamos, os poucos que somos, acostumados a falar coa historia e a vivir do traballo. Temos costume de respecto aos demais e a consideración da veciñanza como un ben relevante de antes, de agora e, seguramente, para sempre.
Se non fose porque estamos na feira, serÃa apropiado facer mención ás orixes, á historia deste territorio atado dende sempre ao Mosteiro e ao Camiño de Santiago.
Os historiadores dinnos que foi no século VI cando se asentou en Samos un grupo de relixiosos para comezar a construción do Mosteiro, as orixes dese que temos ao lado e que tanto incidiu na vida e nas relacións de convivencia da sociedade, neste sur montañoso da provincia de Lugo.
Algo lle debemos, ao parecer, a aquel húngaro, San MartÃn Dumiense, que chegou aquÃ, no ano 550, tratando de reunir en cenobios aos eremitas. A historia cita a varios no marco desta mesma acción, entre eles, San Pedro de Rocas, Samos e Santa MarÃa de Loio.
Independentemente da súas etapas escuras, o Mosteiro foi a principio e o motor de desenvolvemento deste lugar. Segundo Carlos Baliñas Pérez, “é o mosteiro peninsular máis antigo en plena existencia ata os tempos presentes, mesmo que coñecendo ao longo da súa historia certos intervalos momentáneos de abandono ou ocasoâ€.
Despois vén o Camiño de Santiago, con importantes fluxos de persoas, con correntes de opinión, con industria, innovación, con riqueza. É, tamén con deficiencias notables, moitas delas capaces de perdurar no tempo.
Pero o certo é que, dende hai 1.500 anos, temos o nome de Samos escrito na historia da humanidade. Somos un lugar de paso, de estudio e de acollida. Dende tempos moi lonxanos, aà onde está o banco, máis ou menos, asentábase o hospital de peregrinos, unha casa de residencia para os que necesitaban durmir, descansar e seguir. SeguÃan o itinerario marcado polas estrelas e Ãan cara o fin do Camiño, cara a Santiago de Compostela, a onde hoxe moitos van.
Aquà estamos, de paso e vendo pasar, escoitando, reflexionando e soñando, construÃndo o futuro, sen esquecer de onde vimos e sen perder a folla de ruta, para saber a onde imos.
E debemos adquirir compromisos para progresar. E defender os valores da igualdade, do respecto, da liberdade e da cooperación. Xa sei que niso estamos e estades. Xa só queda no concello unha ou dúas aldeas sen a infraestrutura viaria conveniente, pois saibamos que a acción polÃtica, debe empuxar á sociedade cara o benestar cobizado.
Temos referentes importantes nos elencos históricos, veciños de nacemento e achegados. Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro (1676-1764), un ourensá de Pereiro de Aguiar que moitos anos do s. XVIII pasounos aquà dando lustre intelectual a este pobo noso.
Tamén veu a Samos Ramón Cabanillas, extraordinario poeta, natural de Cambados, e deixou a súa pegada cravada nos anais da literatura galega, con aquel libro de 1959, que se titulaba SAMOS,
Como un ramalliño de rosas sangales...
E, en Samos, en LusÃo naceu Vicente Vázquez Queipo (1804.1893). Filosofo, matemático, doutor en leis, polÃtico, con postos relevantes. Fernando VII designouno axente industrial no estranxeiro. Estivo en cuba como fiscal de Facenda e foi un activo deputado nas Cortes, despois de exercer a docencia e dedicarse á investigación, como catedrático de Universidade de Valladolid.
Temos moitos máis nomes, pero vou referirme só a outros dous, dous poetas, por certo: Fiz Vergara Vilariño, ao que moitos coñeceron, o poeta da Lóuzara xabreira que morreu de mozo, mentres reivindicaba un mundo máis xusto e enxalzaba a terra nosa e a nosa xente.
vense fanegas e fanegas de xesteiras e uceiros e carrascos ... e vese tamén a Lóuzara Xabreira -¡aló embaixo!- afondada nun sartego verde verde verde (Fiz Vergara Vilariño)
É un pracer estar aquà e ver as súas caras de ledicia e as miradas de amor. É un pracer sentirse apoiado polas institucións, polos que as gobernan, pola veciñanza, polos intelectuais. É un pracer, si señor!
E é un orgullo saber que era de aquà un dos primeiros poetas da idade Media, MartÃn de Padrozelos, un trobador do que se conservan 10 cantigas, nove de amigo e unha de amor, nos prestixiosos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa.
A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), á que teño a honra de pertencer, co apoio do Xacobeo e coa colaboración dos concellos de Samos e O Incio puxo en marcha, en 2018, un proxecto ben meritorio, Trobador no Camiño, andares pola lÃrica de MartÃn de Padrozelos.
PermÃtanme que cite aos integrantes daquel reducido grupo de entusiastas, Carlos Baliñas Pérez, Xulio Pardo de Neyra, Dulce Fernández Graña, Xavier Varela Barreiro, Xulio Pérez Pereiras, Carmen Marcos Núñez, AntÃa Celeiro Muñoz, Antonio GarcÃa Montero e un servidor. eu mesmo, recorremos parte de Samos e O Incio, polo Val do Mao, por San Salvador e, por Airapadrón, fomos a Lóuzara e subimos ata Praducelo e ao Alto da Pedra. Paramos para ver o Mosteiro e a Capela do Ciprés, fómonos con ganas de volver e despois volvemos.
Amparábase este proxecto nas investigacións de Dulce Fernández Graña e Xulio Pardo de Neyra. Ao seguir o rastro do Trobador, os dous coincidiron en que se trataba de MartÃn Pérez, de Praducelo de Lóuzara, alà onde perdura a casa de MartÃn, onde viven Amelia e José.
Fernández Graña fixo, en 1994, a súa tese de licenciatura sobre as Cantigas de MartÃn de Padrozelos, sendo director da mesma o profesor MartÃnez Pereiro. E Xulio Pardo de Neyra é autor do libro (2005) Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lÃrica galego-portuguesa? Agora, neste mesmo ano saÃron do prelo outros dous libros da súa autorÃa sobre o trobador, grazas a contribución do Concello de Samos e da Deputaión de Lugo. Noraboa!
Estudiadas as cantigas e repasados, paso a paso, os lugares que se citan nas mesmas, fundamentalmente o que lle da nome ao trobador, Praducelo, San Salvador do Mao e o Valongo, ofertámoslle A Quenlla a posibilidade de musicar e gravar as Cantigas, das primeiras da lÃrica galega. Queriamos ter unha música nova para unha letra secular, escrita hai mil anos, cando Samos, Galicia e mundo eran outra cousa.
A Quenlla, con Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), con Tania Capón, Manuel Dopico, Yaiza Seijo, Paloma Suanzes e Ãlvaro Cardalda, musicou e gravou as 10 cantigas nun magnÃfico CD. Deseguido interpretaran, en vivo e en directo, estas pezas que estou seguro serán do agrado de todos e, como mostra de agradecemento, tamén interpretaran unha dedicada ao Muiño de Fiz Vergara.
Queremos deixar constancia de que a lingua é un dos sÃmbolos da nosa identidade e asà era xa hai mil anos, cando escribÃa MartÃn de Padrozelos, egrexio representante de lÃrica galega.
Xunto con este CD de A Quenlla realizouse tamén un documental Trobador no Camiño, producido por Xoán Piñeiro Cochón e realizado por Tino Núñez, con imaxes ben fermosas do xornalista José Manuel Salgado. E, polos concellos da redonda andan as cantigas colgadas nuns paneis, dando que falar.
Os que somos destas terras montesÃas, temos orgullo de estar na principal porta de entrada en Galicia e queremos mantela aberta para que transiten a riqueza cultural, o coñecemento e a humanidade enteira. Temos orgullo do noso e dos nosos, dos trobadores, dos empresarios, dos poetas, músicos, artistas, ceramistas, madeireiros, ferreiros, carniceiros, intelectuais, cientÃficos e labregos. E queremos recuperar a industria nesta zona privilexiada, debemos crear industria cultural, para deter a desfeita e o baleirado. Autoridades, veciños e visitantes, se queremos, entre todos, podemos! Moitas grazas |