Con esta escultura, Canles de Palabra de Luís Loureira, conmemorou a Xunta de Galia os Premios de Comunicaicón correspondentes a 2005.
Canles de palabra
Pedra e bronce, canles de palabra libres, conforman unha metáfora de elementos simples e significados complexos, expresando unha idea conceptual da comunicación na perfección do círculo, resumo transcendente dun complicado sistema de forzas. A confianza das miradas, converxencia e diverxencia, centrífugo e centrípeto, anverso e reverso, van cara a un centro de transparente confluencia sináptica; resumo dunha metafísica da comunicación de arquitecturas musicais na corda frouxa dun pentagrama de prestidixitacións en fráxiles equilibrios.
Parece que se trata da rotación planetaria dunha astrofísica comunicativa que acada a súa síntese conceptual nun centro nítido e peneirado de todo ruído.
O círculo como metáfora perfecta da teoría da comunicación, onde emisores, receptores, redes, códigos e mensaxes son un continuo sen fin, que se xustifican por si mesmos, pois son a esencia mesma de ser humanos. Aquí condénsase a historia da humanidade: nun principio foi a palabra.
PARADOXO Argumento unánime de voces múltiples entre luz e tebras liberdade e servidume opcións antagónicas agonía de voces e tumultos desorde na complexa orde folla perenne de fermosura cambiante desafío e vertixe quietismo e revolución descanso de Sísifo REFLEXIÓN
|