Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

APECSA PRESENTOU O CICLO “AS CAMIÑADAS” PARA CONMEMORAR OS 25 ANOS DO XACOBEO 93

SERÁN NOVE CONVOCATORIAS ABERTAS PARA ANDAR E DIALOGAR SOBRE CADA RUTA XACOBEA

02/10/2018


A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) presentou hoxe o ciclo Días de andar…AS CAMIÑADAS, co que conmemora os 25 años do XACOBEO-1993 e da Declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial pola UNESCO. Trátase dun programa a desenvolver en nove sábados consecutivos cunha convocatoria aberta para convivir e compartir outras tantas camiñadas nun tramo de 8 kms. de cada ruta Xacobea e dun coloquio aberto ao final sobre a realidade dese Camiño. A primeira camiñada será o vindeiro sábado 6 de outubro en Ourense, entre Seixalbo e Cudeiro. O proxecto conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da xunta de Galicia. Na presentación interviron: Xosé María García Palmeiro, presidente de APECSA, Cecilia Pereira, Comisaria do Xacobeo 2021 e Nava Castro, directora de Turismo de Galicia.

Palmeiro aludiu ao ciclo As Camiñadas como unha convocatoria aberta para facer camiño e tamén para reflexionar cos participantes e coas diferentes Asociacións de Amigos do Camiño de cada zona escollida sobre a importancia, a situación e as expectativas de futuro de cada ruta. Lembrou o punto de inflexión que supuxo o Xacobeo93, punto de partida da definitiva revitalización do Camiño de Santiago, marcado agora polo fito inmediato do ano Xubilar de 2021.

Apuntou tamén que, despois de Ourense, o ciclo das Camiñadas continuará por Tui (venres 12), Lugo (20) e A Rúa (27 de outubro). Virán logo as camiñadas de novembro, o día 3 en Sarria-Portomarín, 10 Valga-Padrón, 17 Fisterra e 24 SChantada para rematar na Coruña o sábado 1 de decembro. A cita de Tui fixouse o venres 12 de outubro, considerando a condición festiva dese día.

Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo21, falou da importancia desa cita e da cooperación da sociedade civil para o mellor desenvolvemento das actividades e dos Camiños.

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, agradeceu as achegas e as iniciativas de APECSA e salientou o obxectivo de potenciar e, ao tempo, coidar moi especialmente as rutas xacobeas, tendo en conta a súa traxectoria milenaria e as características que as fan únicas polo seu pouso histórico e cultural e a súa dimensión ecuménica.

A presentación celebrouse no Centro Internacional de Acollida dos Peregrinos na rúa Carretas en Santiago de Compostela.

APECSA foi constituída en 1992 por un grupo de periodistas, historiadores e investigadores co obxectivo de promover e difundir todo o referido á historia e os valores do Camiño de Santiago.

Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)
periodistas.caminodesantiago@gmail.com
 

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu