Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

O xurado, por unanimidade, destacou o seu labor ao aprobar por unanimidade, en 1991, o Plan Xacobeo 93

O Parlamento de Galicia, premio internacional APECSA 2018

O Premio consiste nunha escultura, `Harmonía´, de Luís Loureira e o acto de entrega celebrarase no Museo das Peregrinacións e de Santiago, o vindeiro día 20 deste mes de decembro

08/12/2018


Harmonía, unha escultura para o Parlamento de Galicia.

 

O Parlamento de Galicia é o gañador da sesta edición do Premio Internacional APECSA 2018 de divulgación do Camiño de Santiago, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e dedicado ao Xacobeo 93. O Xurado, presidido polo vicepresidente da Asociación promotora, Luís Celeiro Álvarez, destacou o notable labor do Parlamento ao aprobar por unanimidade, en 1991, o Plan Xacobeo 93, un proxecto para a dinamización socioeconómica e cultural de Galicia, a través do Camiño de Santiago, un ben histórico e con perspectivas de futuro, declarado pola UNESCO `Patrimonio Mundial´, o 10 de decembro de 1993.

O presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro, entregaralle ao Parlamento unha distinción de Asociación convocante e unha escultura, `Harmonía´, da autoría do lugués Luís Loureira. Será no transcurso dun acto que se celebrará, o día 20 deste mes de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na cidade de Santiago de Compostela. En dito acto, está prevista a participación do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, quen recollerá o Premio, e os organizadores “estaríamos moi agradecidos aos portavoces dos grupos parlamentarios e a todos os deputados e deputadas que acepten a invitación  e acudan ao acto”.

A decisión do xurado foi adoptada por unanimidade dos seus membros, xunto co presidente, a secretaría Purificación Carballo Pérez e os vogais Xavier Goyanes Vilar, Carme Prado Pico e Xosé Luís Muñoz Portabales. Na acta tamén figura unha mención especial para a UNESCO, pola relevancia que, nos últimos 25 anos, lle deu ao Camiño de Santiago, recoñecéndoo como un dos bens culturais máis importantes a nivel mundial, tanto polo seu valioso patrimonio material como inmaterial.

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu