Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Presentouse en Santiago a edición italiana do libro `Elías Valiña, valedor do Camiño´, de Luis Celeiro

05/02/2019


A profesora da Universidade de Cagliari Daniela Zizi, segunda pola esquerda, o xornalista Luís Celeiro e os estudantes italianos, diante da reitoría da Universidade de Santiago.


Santiago, martes 5 de febreiro de 2019. A Universidade de Cagliari traduciu ao italiano o libro Elías Valiña, valedor do Camiño, do xornalista e director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Luis Celeiro, que vén de ser editado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e Bolanda Edicións, logo das súas primeiras edicións, en castelán e galego, pola Xunta de Galicia, en 2007. A presente edición é o resultado dun proxecto docente dirixido pola profesora de Lingua e Tradución Española da Universidade de Cagliari, Daniela Zizi, e fíxose coa colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo.

Elías Valiña, il paladino del Cammino (1959-1989) presentouse este martes no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (USC), nun acto no que, ademais do autor, Luís Celeiro e da responsable da tradución, a profesora Zizi, participaron o director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC, Benedict Buono; o presidente de APECSA, Xosé Mª García Palmeiro, e o secretario Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo, Valentín García. Tamén estiveron presentes once dos doce estudantes que participaron no proxecto didáctico de tradución do libro.

No concorrido acto de presentación –ao que acudiu un nutrido grupo de investigadores e profesores universitarios, entre eles o ex reitor Juan Casares–, o autor quixo dedicar a publicación “a todos os que traballan polo Camiño, aos peregrinos de todas as partes do mundo, aos homes e mulleres que camiñan, calquera que sexa a razón, cara a Santiago de Compostela. Tamén aos que coidan do Camiño como un espazo de comunicación en liberdade,  de pensamento e de reflexión”.

Entre o público atopábase ademais Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, promotor do Xacobeo de 1993, quen interveu recoñecendo a importancia do traballo de Elías Valiña, o autor das frechas marelas, e do autor do libro “na internacionalización do Xacobeo como dinamizador da cultura e da economía dos lugares de influencia do Camiño de Santiago”.

A versión italiana do libro busca dar a coñecer, a través dun dos seus máis emblemáticos defensores, Elías Valiña, “O cura do Cebreiro”, a transcendencia do Camiño na contorna do espazo italo-falante. A relevancia do fenómeno xacobeo serviu ademais a este grupo de estudosos universitarios para vincular o culto internacional ao apóstolo Santiago á veneración local que cara a el se mantén actualmente na illa de Cerdeña. De feito, como explica Daniela Zizi, “existe unha boa cantidade de poboacións sardas que teñen a Santiago como patrón local” e de cuxa festividade e celebración se derivan interesantes rituais tradicionais, tanto relixiosos como festivos.

Presentación no Cebreiro

A profesora Daniela Zizi e os 11 estudantes que participaron na tradución do libro, xunto co autor Luís Celeiro, e o profesor da USC Benedict Buono, trasladaranse, este mércores 6, ao Cebreiro para presentar o libro, ás 11.45 horas, e realizar un encontro coa familia de Elías Valiña e facer un percorrido polo Camiño de Santiago ata Sarria, parando en Triacastela, a Casa Grande de Lusío e Samos.

Na prensa


Presentación da edición en italiano do libro de Luís Celeiro “Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989)
https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1317828/presentacion-da-italiano-do-libro-luis-celeiro-elias-valina-valedor-do-camino-1959-1989

O libro sobre Elías Valiña, o cura revitalizador do Camiño, traducirase ao italiano
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/76641-libro-elias-valina-cura-revitalizador-camino-traducirase-italiano

Presentación del libro ''Elías Valiña. Il paladino del Cammino (1959-1989)''
https://www.caminosantiago.org/cpperegrino/prensa/verprensa.asp?PrensaID=12884

Libro sobre la historia de Elías Valiña, valedor del Camino, con sabor italiano
https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/rajoy-hijo-quiere-ser-pepe-domingo-castano/idEdicion-2019-02-05/idNoticia-1163528/

O seu autor e o xornalistas samoense Luís Celeiro Álvarez
Tradución ao Italiano do libro “Elías Valiña, o valedor do Camiño”
https://luisloureira.eu/nova.php?id=409

Traducen al italiano el libro de Luís Celeiro sobre Elías Valiña y su papel en la ruta jacobea
https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/traducen-italiano-libro-celeiro-elias-valina-papel-ruta-jacobea/201808081809511327656.html

Presentouse en Santiago a edición italiana do libro `Elías Valiña, valedor do Camiño´, de Luis Celeiro
https://luisloureira.eu/nova.php?id=444

Traducen al italiano el libro de Luís Celeiro sobre Elías Valiña y su papel en la ruta jacobea

https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/traducen-italiano-libro-celeiro-elias-valina-papel-ruta-jacobea/201808081809511327656.html

O valedor do Camiño chega a Italia

http://www.ecodixital.com/post.php?id=10921


Elías Valiña, figura “Universal”

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/elias-valina-figura-universal/201902072304131358668.html


Traducen al italiano «Elías Valiña, valedor do Camiño», de Luis Celeiro

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/06/traducen-italiano-elias-valina-valedor-do-camino-luis-celeiro/0003_201902S6C9999.htm


La USC presenta la traducción al italiano de un libro sobre el Camiño

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2019/02/07/usc-presenta-version-italiana-libro-sobre-camino/00031549537661787624184


Luís Celeiro presenta a tradución ao italiano do seu libro 'Elías Valiña, valedor do Camiño'
https://www.galiciae.com/articulo/cultura/luis-celeiro-presenta-traducion-ao-italiano-do-seu-libro-elias-valina-valedor-do-camino/20190205184044052194.html

Se presenta en Santiago la edición italiana del libro Luis Celeiro ''Elías Valiña, valedor del Camino''
https://www.caminosantiago.org/cpperegrino/prensa/verprensa.asp?PrensaID=12900


Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) periodistas.caminodesantiago@gmail.com