Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Inaugurase o martes, día 8, ás 12,15 horas, en O Cebreiro (Pedrafita) e recorrerá os 12 concellos galegos do Camiño Francés.

Comeza a Exposición “Camiño ComPostal”

O Comisario da mesma é José Manuel Salgado e da súa organización encargase a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), entidade que preside Xosé María García Palmeiro.

07/10/2019


Tratase dunha representación do Camiño de Santiago en  110 postais históricas, de principios do século XX. A Exposición está  enmarcada no programa da Xunta de Galicia, “O teu xacobeo”.

A Exposición “Camiño ComPostal”, un dos proxectos do “O teu xacobeo”, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) comeza mañá, martes día 8 de outubro, na palloza de Quico do Cebreiro (Pedrafita). O acto de inauguración, ao que asistirán, xunto cos directivos da Asociación organizadora, autoridade locais e do Xacobeo, celebrarase, ás 12,15, horas nunha das pallozas do Cebreiro, dependentes do Museo do Castro de Viladonga.

Con esta Exposición, comisariada polo xornalista e reporteiro gráfico, José Manuel Salgado,   APECSA quere ofertar unha visión diferente e novidosa sobre a gran ruta europea, vista con outros ollos, cos daqueles que imprimían e enviaban, hai un século, dende calquera punto de Europa, unha humilde carta ou cartón postal aos seu familiares e amigos. A postal foi un medio de comunicación persoal e comercial de importancia relevante, comparable a importancia que teñen na actualidade as redes sociais.

A Exposición, nunha primeira quenda, estará presente nos doce concellos galegos do Camiño Francés, seguindo o Camiño, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela.

Estamos no ano do 150 aniversario da aparición da primeira postal e o mércores, nove de outubro, é o Día Mundial do Correo, tal como se declarou no Congreso da Unión Postal Universal (UPU), celebrado en Tokio en 1969, e APECSA, coa Exposición “Camiño ComPostal”, únese ás dúas conmemoracións, “intentando divulgar o saber adquirido dos pasados e defendendo e apuntalando a liberdade na transmisión de información e de coñecemento, a través de todos e de calquera medio de comunicación e de divulgación”.

Calendario da Exposición nos doce concellos galegos do Camiñó francés

Pedrafita, 8 Out.- 19 Out.  2019
Monterroso, 23 Out.- 2 Nov.- 2019
Triacastela, 6 Nov.- 16 Nov.- 2019
Palas de Rei,  20 Nov.- 30 Nov.- 2019
Samos, 4 Dec.- 14 Dec.- 2019
O Pino, 18 - Dec.- 28 Dec.- 2019
Sarria, 31 Dec. (19)- 11 Xan. (2020)
Arzúa, 15 Xan. - 25 Xan. 2020
Paradela, 29 Xan. – 7 Feb. 2020
Melide, 12 Feb. – 22 Feb.. 2020
Portomarín, 26 Feb. – 7 Marz. 2020
Santiago de Compostela, 11 Mar. – 21 Mar. 2020


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu