|
A Peneira dos Soños Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia
|
|
LuÃs Loureira, facedor de miradas
| LuÃs Loureria (Samos, 1955) licenciouse na Universidade Complutense de Madrid, despois de cinco anos –os últimos da década dos setenta- de universitario e loitador polas liberdades. Máis tarde, acada o grao de doutor pola Universidade de Santiago de Compostela –cando era a única Universidade de Galicia- e segue traballando a reo pola liberdade dos homes e das mulleres, pola solidariedade e pola concordia. Como escultor, traballa a pedra, o ferro, o bronce, a madeira e a nada.
É un artista de ideas, un facedor de formas, un creador de proxeccións e de miradas que atravesan calquera materia, para penetrar no corazón ou no miolo das cousas e das almas. Fai de todo e fai pouco tamén, traballa –segundo di- pensando, outra arte que parece seguir perseguida.
Se vostede ou calquera de vostedes quere poñerse en contacto con el, aÃnda que sexa para encargarlle unha escultura, pode facelo a través do correo electrónico: luisloureira@gmail.com
| |
|
|
|